„O SILENCIO ANTES DE BACH“:
O traslado de J.S.Bach a Leipzig en 1723, xunto á súa familia, para facer as funcións de Cantor na Thomasschule da Igrexa Luterana de Santo Tomé nesa cidade.
Esa é a excusa argumental da que se serve o filme do veterán realizador catalán Pere Portabella (Figueres, 1929) co título “Die Stille vor Bach” (“O silencio antes de Bach”, 2007) para ir debullando unha serie de reflexións moi suxerentes en relación á Historia, a Arte e, sobre todo, á creación musical e a toda esa constelación de angueiras, oficios e pormenores que xiran ao redor da mesma.
E como fío conductor de todos eses relatos e imaxes que se entrecruzan… a música de J.S.Bach, por suposto!
Poden desfrutar da versión completa deste interesante film no seguinte enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=Q-ehkVFb3H8