O trevo rubio (#TrifoliumIncarnatum), unha lguminosa, é a flor nacional de Dinamarca e un cultivo forraxeiro habitual no norte de Europa e que tamén pode atoparse nas áreas de regadío da península Ibérica. É outra das especies que se adoita escoller para o cacho, debido aos usos, na medicina labrega tradicional, para curar as chagas ou tratar os sufocos da menopausa. https://www.instagram.com/p/BzBNPEJCxFy/?igshid=1nian72zslxim













