Hoxe fai 4 anos daquela fatídica chamada telefónica, daquela noticia que non quería esperar nunca, daquela madrugada na que empezou a chover… Dende aquel día sigo compartindo contigo todo o que me sucede, todo o que entendo, e o que non, e dun xeito ou doutro ti segues aconsellándome. Non me resigno a olvidar a túa voz, aquela voz contudente, que parecía que o mundo paraba cando soaba, pero que sempre alentaba a todos aqueles que o rodeaban. Non sabes o que voto de menos todas as túas historias, os cafés xuntos, baixar e ver a moto ou o coche aparcados, e saber que estabas ti, aqueles timbrazos no porteiro, que soamente podías ser tu, as chamadas telefónicas, curtas pero valiosas… Oxalá terte aquí! #19deoutubro #4anossenti #avó (en A Forxa) https://www.instagram.com/p/B3xxpsKC3xQQ_dEkx6-md568DdZr60qhpnR4qc0/?igshid=11t3gbjmezv9o










