De cando ter dous legados convírteste en Koffi Annan.
Sempre intentei ser unha muller conciliadora, falar, negociar, chegar ata ó final do meollo dos asuntos que se antepuñan no meu camiño. Cando chegou o Legado xenético, o cambio de vida afectara todavía máis aos adultos e as negociacións tornábanse esenciais. A frase clave: "imos pra cociña?" era o contrasinal de que tiñamos que convir certos pactos para coa educación da cativa. Vale, guai, perfecto. No problem.
Agora son dúas pícaras que remoen cada recanto do fogar, dúas pícaras que ás veces semellan dous países en conflicto, pequenos conatos e mini-loitas que co drama e a visión de dous e case- seis anos alcanzaron o grado F6 na escala Fujita-Pearson, co cal, cando chegas á zona da guerra o tornado que sae daí é tremebundo...e tí, aí no medio, con cara de papona pensando "Onde carallo me metín...que fago!" Pois como boa fan de Sherlock, colles a pipa da paz e o pucho inquisitivo e empezas a ver quen ten razón. Ao principio pensas que todo vai ir ben porque contas coa serenidade do legado xenético, que para eso vai tendo unha edade...máis non é así, porque descobres a picaresca infantil de: "Como lle botar as culpas á túa irmá aproveitando que fala en barallete" (muahahaha)
Así que miras para ó verme-speed que entre bágoas e mocos intenta explicar o que pasou pero só lle sae unha acusación directa: "Tumana!!! tuamana!!! tumaaannaaaa!!! (así é como se chama o legado xenético en barallete).
O teu traxe de Sherlock se convirte nun de Kofi Annan canso ao que só lle quedan ganas de mandar un e-mail aos países para que o lean e xurda a paz . O bo, polo de agora, é que cando apretas un pouco as porcas do interrogatorio algunha delas acaba desvelándose e asumindo a culpa. Bicos, perdón e apertas...e ti volves ao teu refuxio de adulto pensando en cómo sairás da seguinte negociación....