O pasado 1 de outubro comezaron as clases na EMAO, pero 300 alumnos de 5 especialidades estamos sen mestre, debido a que o concello non convocou ata esa data a oferta de emprego para cubrir esas prazas. Iso sumado a que nos últimos anos non se están cubrindo baixas (maternidade e enfermidade) de profesores, levounos a organizarnos á marxe de orientacións e afinidades políticas, e convocar unha 1º concentración aberta para mañá Martes 15 ás 20:00 na porta da escola. Pedimos: • Máxima axilidade e puntualidade nas convocatorias. • Evitar a suspensión de clases • Recuperación das horas perdidas nos casos que se produzan. •Listas de contratación permanentes para sustitucións en ausencias ou baixas dos profesores. Pedimos apoio á cidadanía Viguesa Pola defensa da EMAO #EMAO #EMAOVigo #HaiEMAO #HayEMAO #HoxeNaEMAO #EscolaDeArtes #Vigo https://www.instagram.com/p/B3nHNRUiwKL/?igshid=3i4kal41ahri











