Probe Galicia, non debes chamarte nunca española, que España de ti se olvida cando eres, ¡ai!, tan hermosa. Cal si na infamia naceras, torpe, de ti se avergonza, i a nai que un fillo despreza nai sin corazón se noma. Naide por que te levantes che alarga a man bondadosa; naide os teus prantos erixuga, i homilde choras e choras. Galicia, ti non tes patria, ti vives no mundo soia, i a prole fecunda túa se espalla en errantes hordas, mentras triste e solitaria tendida na verde alfombra ó mar esperanzas pides, de Dios a esperanza imploras. Por eso anque en son de festa alegre á gaitiña se oia, eu podo decirche: Non canta, que chora #LetrasGalegas2017