Deseñei o cartel para a IV edición da Pobra do Caramiñal no Tempo, unhas xornadas de temática histórica que se centran no pasado da vila e dxs pobrenses. Para o deseño escollín debuxar unha lancha xeiteira pescando sardiña, un animal que foi esencial no desenvolvemento da vila.











