(vía ¿Por qué son más seguras las sillas a contramarcha? Dispositivos acm en impactos frontales, laterales y traseros)

seen from Türkiye

seen from Türkiye

seen from Maldives
seen from Russia
seen from China
seen from China
seen from Bulgaria
seen from China
seen from United States
seen from Singapore
seen from United Kingdom

seen from Malaysia

seen from Bulgaria
seen from United States
seen from Russia

seen from United States
seen from United States
seen from China

seen from Türkiye
seen from United States
(vía ¿Por qué son más seguras las sillas a contramarcha? Dispositivos acm en impactos frontales, laterales y traseros)
No le des vueltas...
Para que tu peque vaya seguro en el coche, sólo hay una dirección, viajar de espaldas a la marcha todo el tiempo que sea posible, al menos hasta los 4 años.
Te ofrecemos asesoría sin compromiso y te garantizamos protección desde el cuidado y soluciones adaptadas a tu familia con las sillas de automóvil#Klippan y #BeSafe... y esperando las próximas incorporaciones.
No trabajamos desde marcas, ni "rankings", sólo lo hacemos por y para tus peques, con el compromiso de ofrecer soluciones a cada familia concreta, que aseguren la viabilidad de que los más pequeños de la casa viajen durante años de espaldas a la marcha, por eso la "mejor silla de coche para bebés y niños" será la que mejor se adapte a tu/s peque/s, tu/s coche/s, tu familia y tus hábitos. Te ayudamos a dar con ella.
La seguridad vial infantil no tiene otro camino, en el coche #acontramarchatu peque viajará con·toda·Seguridad
Consúltanos sin compromiso, estaremos encantados en ayudarte.
A contramarcha viaja segur@
Por favor, firma y comparte.
La seguridad de nuestros peques no puede estar relegada a intereses comerciales. Aquí no todo vale.
#laSeguridadVialInfantil #ViajaAcontraMarcha
Más información aquí—>
https://www.change.org/p/jordi-%C3%A9vole-que-los-ni%C3%B1os-viajen-a-contramarcha-por-favor?recruiter=134491340&utm_source=share_petition&utm_medium=copylink
Non hai cabreo que non cure o chocolate
Estou un pouco cabreado/frustrado porque Violeta está a piques de chegar aos 18kg de peso, o que significa que se achega o momento de cambiar o SRI do coche do grupo I que teño agora (de 9 a 18kg) por un do grupo II (de 15 a 25kg). O que me cabrea/frustra a partes iguais non é ter cambialo, senón volver a romper a cabeza escollendo o que me pareza máis seguro. Se algo teño claro (ou tiña ata que se me deu por empezar a buscar) é que quero que siga viaxando a contramarcha, polo menos, un par de aniños máis, que é cando calculo que pesará arredor dos 25kg, pero por máis que miro nas tendas (e xa percorrín algunha de Ferrol e outras de Vigo) ningunha me dá esa opción porque, se ben por peso valería algún dos modelos que me ofrecen, xa agora lle sobresae un chisco a cabeza do respaldo, e Violeta non é precisamente unha nena altísima.
Daquela, a que estamos? Recomendan viaxar a contramarcha ata os 25 kg pero, se ben os fabricantes de SRI fan as cadeiras axeitadas ao peso, non se axeitan á altura dos nenos. Isto é normal? De verdade que non o entendo… Por iso, se alguén coñece algunha marca ou modelo que se adapte ás miñas necesidades, estareille eternamente agradecido. E xa se me di onde o podo mercar, xúrolle amor eterno o resto da miña vida (abstégase de darme consello ningún a dependenta do ECI que me atendeu onte, á que tiven que explicarlle eu como vai isto dos SRI e, aínda así, intentou venderme unha cadeira en sentido da marcha xurándome que a podía colocar ACM).
Hoxe visitarei a última tenda que me queda na cidade e a ver que me din, pero xa vos adianto que esperanza teño 0.
En fin… Para quitar este mal sabor de boca que me queda cada vez que penso no tema, nada mellor ca unha boa torta de chocolate… e ningunha coma a que a Srta. Trunchbull facía comer a Bruce Bogtrotter en Matilda, unha das nosas películas de cabeceira. Pois ben, 17 anos despois o equipo da peli xuntouse para celebrar o aniversario e ambos os dous actores (un chisco cambiados) repetiron a escena.
Non é xenial?!?!?!
Violeta seguirá viaxando «a contramarcha» polo menos uns aniños máis
Antes de nada, quero agradecervos a todos e a todas os vosos comentarios e suxestións tanto na mesma entrada como na nosa páxina de facebook, así coma no post da compañeira diminutísima. Refírome, claro, a cando formulei as miñas dúbidas á hora de mercar un SRI (Sistema de Retención Infantil) para o coche. Servíronme de moito, en serio. Agora contareivos a miña decisión final.
Despois de darlle moitas voltas, decanteime polo Klippan Kiss 2 e, logo dun mes de proba, teño que dicir que estou encantado coa miña decisión. Non era o máis bonito nin de lonxe, nin o máis barato, pero a beleza e o aforro pouco teñen que facer fronte á seguridade que, neste caso, é do que se trata.
E por que o Klippan Kiss 2 e non os outros? O que realmente me convenceu foi que vai no sentido contrario á marcha. Xa vos falei o outro día da web acontamarcha.com e non vou perder agora o tempo copiando e pegando todo o que podedes ver alí ou na súa páxina de facebook, pero recoméndovos encarecidamente que lle dediquedes un tempiño á súa lectura para que poidades comprender o importante que é que os nenos vaian de costas o maior tempo posible. Porque si, que teñen que viaxar nun SRI témolo totalmente asumido, pero o de que vaian en sentido contrario á marcha parece que só a uns poucos nos preocupa. Sobre se o neno vai incómodo de costas, se aburre, maréase, protesta ou se lle van romper ou non as pernas por levalas flexionadas contra o asento tamén podedes ler aquí. Chamádeme teimudo se queredes, pero penso insistir neste tema todas as veces que teña ocasión. Porque de costas é máis seguro. Simplemente.
Por outra banda, e volvendo á cadeira, por suposto, está homologada segundo a normativa vixente ECE R44/04, pódese instalar tanto co Sistema Isofix coma cos cintos e é bastante ampla, cómoda e reclinable en tres posicións. Tamén é interesante o feito de que, se tedes varios coches, podedes mercar só a base e cambiar a cadeira cando o precisedes. No que respecta á montaxe, é bastante sinxela... unha vez que o fixeches dúas ou tres veces. Cando ma montaron na tenda non entendín nada e tiven que chegar á casa e desmontala e montala un par de veces máis para saber como se facía.
Recoñezo que segue sen convencerme que o Klippan Kiss 2 non apareza na comparativa da RACE dos SRI mellor valorados do 2012 nin no informe da DGT. Na tenda dixéronme que podía ser porque era unha cadeira bastante nova ou, simplemente, porque non lle cadrou (tampouco analizan todas as marcas do mercado). O que sí me convence, e moito, é que cada vez se vende máis e que nos países nórdicos levan xa anos empregando este tipo de SRI a contramarcha. E, asúmamolo, nisto, como noutras moitas cousas, lévannos anos luz de vantaxe.
_____________ ÚLTIMA HORA: Acabo de ver no último número da revista Tráfico y Seguridad Vial que a DGT vai propoñer un cambio no Regulamento Xeral da Circulación para que os menores que viaxen en cadeiras do grupo 0, 0+ e I o fagan en sentido contrario á marcha sempre que o dispositivo o permita e os nenos teñan menos de 4 anos. Podedes ler a reportaxe completa na revista interactiva: click. Quen é agora o guapo que segue pensando que son un cacholán?