"Non vos deixedes influenciar polo meu nome, Catzilla, porque mo puxeron con segundas... Son o gato menos zoupón que hai no mundo: agarimoso, tenro e boíño. Non mordo, non rabuño, non esnaquizo os mobles... Fas de min un pandeiro! Iso non quere dicir que non me guste xogar, que me gusta moito, pero o primeiro é o primeiro: a sagrada sesta. E o sagrado xantar. Aínda que se me meto unha enchenta, logo teño que ir ó areeiro co Marca... Son un pouco cortado coa xente que non coñezo, pero cando collo confianzaaaaa... non te me quitas de enriba! Só hai que verme... son un peluchiño. " #Gatuchinhos #Catzilla #adoptauninmunito #adopta #Coruña #ACoruña https://www.instagram.com/p/CW5g_vgsuNg/?utm_medium=tumblr













