Poñamos que o BNG é un Windows (pero podería ser un proxecto web ou moitos outros). Windows, ou o que se queira poñer como exemplo, ten como ferramenta fundamental do seu desenvolvemento a recolleita das críticas para facer melloras nas súas versións. O BNG, nacido das distintas sensibilidades do nacionalismo galego, é hoxe un Windows moi pouco receptivo ás críticas. Un Windows que diante dos avisos de erro no sistema operativo dos seus usuarios, responde cun pantallazo azul, péchase e acusa aos usuarios de seren os propios causantes dos erros.
http://www.vieiros.com/open/amosar/650/bng-windows










