O coronavirus arde nas cacharelas
Celebramos a noite máis curta do ano entre máscaras, queimando o virus que tantos estragos causou nos últimos meses.
Este pasado 24 de xuño, o San Xoan de Marín foi un dos mellores deste ano en Galicia, e a noite anterior, a do 23, foi a noite das cacharelas e a sardiñada, había que pedir permisos, iso sí.
Mais en Marín podemos dicir que foi un día de cacharela no que todos os males foron queimados. Realizouse unha cacharela comunitaria, a expectación era a máxima cando, cumprindo coa tradición de plantar lume ás fogueiras, a Asociación de Amijos e Veciños prendeu lume ao coronavirus.
Neste acto simbólico a asociación veciñal recreou este ano o coronavirus nunha das súas cacharelas ou foleóns. Cada ano recrean unha de menor tamaño para queimar ás dez para o público infantil e outra de maior tamaño ás doce, para o público adulto.
Foron dúas pezas espectaculares, un coronavirus de cinco metros na primeira quenda e na segunda un parque eólico (en relación coas protestas ante a instalación de aeróxeradores no medio).
“Este desgraciado temos que queimalo, pola nosa parte no vai quedar. A ver se o queimamos e acaba isto porque fixo moito dano, moita xente morreu por culpa disto” explicou o presidente da asociación veciñal á Radio Galega. E así, entre as atentas miradas de xente con máscaras, ardeu o coronavirus ás 22:00.
Texto: Paula P. e Laura F.
















