"Franceses e ingleses loitan na nosa terra conquistada. É un tempo de grandes cambios de ideas, de revolución ou de seguir coma sempre. A invasión de Napoleón trae consigo as ideas da igualdade, liberdade e fraternidade. Para loitar contra os franceses vanse organizando pequenos grupos de guerrilleiros que conseguirán pouco a pouco botar ao gran exército francés. En Paizás, Cambeda, hai montado un cuartel para reclutar xente. Pero cando toca actuar, van chegar tarde ao ataque. Corcubión, Cee e outras vilas da zona son saqueadas e incendiadas."
Paizás, Cambeda, 1809 (hai 200 anos).
Texto: Manuel Rial.
Ilustración para “Unha historia de Vimianzo”.














