ADI ROCHE Adi Roche é unha activista antinuclear irlandesa, fundadora e directora executiva voluntaria de Chernobyl Children International dende 1991, unha organización que proporciona axuda humanitaria aos nenos afectados polo accidente de Chernóbil de Ucraína, Belarús e o oeste de Rusia. O 26 de abril de 1986 tivo lugar o que foi o peor accidente nuclear do mundo, unha explosión na central nuclear de Chernóbil en Ucrania do norte, que lanzou 190 toneladas de uranio radioactivo e grafito ao aire, 200 veces máis radiación cás dúas bombas atómicas de Hiroshima e Nagasaki. Soamente o 3% do material letal do reactor foi expulsado; o 97% restante segue contido no sarcófago inestable que se construíu, que está en perigo de derrubarse, e continúa sendo unha bomba de reloxería. O 70% da radiación caeu sobre a poboación de Belarús, afectando a sete millóns de persoas. 700.000 homes, coñecidos coma “liquidadores”, foron chamados a conter a situación, sendo expostos a doses masivas de radiación. Polo menos 40.000 morreron e 70.000 quedaron discapacitados. O 99% da terra de Belarús foi contaminada. 2000 cidades e pobos foron evacuados e máis de 400.000 persoas foron trasladadas. Décadas despois, outras 70.000 aínda agardan ser evacuadas. A contaminación da terra é a ameaza máis grande para a saúde pois o Cesio 137 chega ao corpo humano pola cadea alimenticia. O custo e as consecuencias da explosión foron asumidas polos superviventes, e serán transmitidos aos seus fillos durante xeracións. 1,7 millóns viven na pobreza, e os nenos son os sector máis pobre da poboación. En Belarús, 2 millóns de persoas, das cales 500.000 son nenos, aínda viven en zonas moi contaminadas, constantemente expostos á radioactividade a través da cadea alimenticia. (Segue nos comentarios) #IWillNotForgetYou #Chernobyl35 #HeroínasDeTódolosDías #EverydaySheros #AdiRoche #BeautifulPeople #GenderEquality #WomensRights #EqualPay #PovertyIsSexist #GirlsCount #WomenOfTheWorldTakeOver #ArteFeminista #FeministArt #Galiza #COVID19 (at Lugo) https://www.instagram.com/p/COTgyXwB2aw/?igshid=1c33tkwwumma1