Edel Harris é directora executiva de @mencap , unha grande organización benéfica do Reino Unido que traballa con e para a xente con discapacidade de aprendizaxe, onde emerxeu como unha das voces máis importantes na defensa dos dereitos das persoas con discapacidades de aprendizaxe da actualidade. É unha firme defensora do valor da asistencia social como profesión. Traballa de xeito entusiasta para asegurarse de que as persoas cunha discapacidade de aprendizaxe sexan incluídas e valoradas na sociedade. Entre moitos outros logros, obtivo en 2015 o premio de Directora do Ano do Institute of Directors North East, foi Emprendedora do Ano Escocesa en 2017, e foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade Robert Gordon no Día Internacional da Muller de 2018 pola súa contribución á caridade e aos negocios en Escocia. En outubro de 2019, recibiu unha bolsa do North East College de Aberdeen. En 2021, Edel foi nomeada pola raíña Oficial honoraria da Excelentísima Orde do Imperio Británico (OBE). Edel non é unha líder no sentido tradicional, senón que exerce o seu papel dun xeito innovador, e para facelo apóiase na súa ampla experiencia en establecer e liderar iniciativas sociais frutíferas, e en desenvolver novos servizos de asistencia social. Esfórzase moito por desempeñar o seu papel con humildade e honestidade, o que significa que non considera que teña todas as respostas soamente polo feito de ocupar unha posición afortunada. #HeroínasDeTódolosDías #EverydaySheros #EdelHarris #BeautifulPeople #LearningDisabilityEqualRights #SocialJustice #Artivism #GenderEquality #WomensRights #EndThePandemic #VaccinateTheWorld #EqualPay #PovertyIsSexist #GirlsCount #WomenOfTheWorldTakeOver #ArteFeminista #FeministArt #Galiza #COVID19 (SEGUE NOS COMENTARIOS) @ciara.lawrence https://www.instagram.com/p/CjLvOJ0IGDc/?igshid=NGJjMDIxMWI=










