ELSHA STOCKSETH Elsha é unha artista de Utah que naceu en 1983 cunha forma de Distrofia Muscular Espiñal chamada Werdnig-Hoffman. Aínda que os médicos lle dixeron aos seus pais que non podería facer nada, salvo camiñar, fixo moitas cousas. Graduouse da educación secundaria cunha media de sobresaínte, e realiza creacións artísticas dende que era pequena, polas que ten recibido moitos premios ao longo dos anos. Unha das súas paixóns é participar cos seus amigos en carreiras de varias distancias onde a empuxan na súa cadeira, e tamén coñeceu a moita xente famosa. Elsha é unha grande fan do grupo de rock U2, cos que tivo varios encontros, e o compromiso da banda en favor de varias causas, e de Bono en particular, un activista que se basea nos feitos para buscar a xustiza de xeito pragmático, e co-fundador de ONE e (RED), inspirouna a facer ela mesma unha contribución á sociedade. Decidiu facelo creando obras de arte e recompensando á comunidade ao mesmo tempo, esperando que a súa destreza inspirase e axudase a outras persoas. Aínda que xa non pode empregar os brazos, grazas ao seu ordenador e un rato sensible ao movemento que controla coa súa cabeza, Elsha deseña postais que vende a través da súa páxina web, e destina unha parte dos beneficios a mercar subministracións para nenos en África, México e Ecuador. (Segue nos comentarios) #HeroínasDeTódolosDías #EverydaySheros #ElshaStockseth #BeautifulPeople #GenderEquality #WomensRights #EqualPay #PovertyIsSexist #GirlsCount #WomenOfTheWorldTakeOver #ArteFeminista #FeministArt #Galiza #COVID19 (at Lugo) https://www.instagram.com/p/COtMyReBXuE/?igshid=32irz4b6qtar