O próximo día 14 ás 20:00 h, estarei na Fundaçom Artábria de Ferrol para presentar o meu Linguaxes dixitais. Será unha presentación dupla que, ademais, contará co lanzamento en Ferrolterra do libro de contos narrativos O latexar do barrio.
No acto, proxectarei dous videopoemas dos tres que fixen con textos do poemario. Lancei unha enquisa para escoller estes en Twitter e Facebook. Axúdasme a facer a escolla?
Estes tres videopoemas tamén se poden ver na miña canle de YouTube ou na sección de videopoesía do meu WordPress.
O cartaz foi feito por Martina Pérez










