Artigo en La Opinión sobre o evento de Clara Vidal e Baldo Ramos presentando os seus poemarios sobre alzhéimer na Coruña.
Fai_Ryy
noise dept.
🩵 avery cochrane 🩵
The Bright Sessions

tannertan36
let's talk about Bridgerton tea, my ask is open
Color Me Curious
Cosmic Funnies

bliss lane

Discoholic 🪩

Jimmy Eat World
🪼

pixel skylines

@theartofmadeline

#extradirty
tumblr dot com
Sweet Seals For You, Always
Today's Document

if i look back, i am lost
Mike Driver
seen from United States
seen from Austria
seen from Israel

seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from Iraq

seen from United States

seen from Malaysia

seen from Austria
seen from United States
seen from Israel

seen from Austria
seen from United States
seen from Hungary
seen from Venezuela

seen from United States

seen from Germany

seen from Austria
seen from Austria
@claravidalpoemas
Artigo en La Opinión sobre o evento de Clara Vidal e Baldo Ramos presentando os seus poemarios sobre alzhéimer na Coruña.
Prevenda do novo poemario
Vén, da man do verán, un cálido evento: A (des)memoria.
Este poemario inicia a súa prevenda e verá a luz no inicio do estío. Se queres un exemplar ou ver un videopoema baseado nun dos textos do libro («Os cristais choran»), visita https://claravidalpoemas.wordpress.com/a-desmemoria/
Nova entrevista !👇
O próximo día 14 ás 20:00 h, estarei na Fundaçom Artábria de Ferrol para presentar o meu Linguaxes dixitais. Será unha presentación dupla que, ademais, contará co lanzamento en Ferrolterra do libro de contos narrativos O latexar do barrio.
No acto, proxectarei dous videopoemas dos tres que fixen con textos do poemario. Lancei unha enquisa para escoller estes en Twitter e Facebook. Axúdasme a facer a escolla?
Estes tres videopoemas tamén se poden ver na miña canle de YouTube ou na sección de videopoesía do meu WordPress.
O cartaz foi feito por Martina Pérez
O pasado 17 de maio, celebramos a festa das letras con poesía e con música. Moitos levastes para casa pousa-copos con poemas dos poetas que recitaron ao longo do acto. O meu texto xa se pode ler no meu WordPress:
«Fozabas en min a lingua».
Nacín para fracasar
e para lembrar cada derrota como o único importante da existencia.
Por iso é tan doado comprender os ocos.
Estou baleira.
A insuficiencia sempre é a forma máis perfecta do sosego.
Clara Vidal, fragmento de «Arquitectura da ausencia», en Arquitecturas
Hoxe, pódense ver as estrelas…✨
Publiquei novo micro-poemario, recollido no libro Arquitecturas, dun total de 7 poetas.
Salk Institute for Biological Studies, San Diego, California (Louis Kahn). Foto: Hobo Ahle.
«Só as pedras. Só as pedras meticulosamente expostas»
Caía do ollo de faísca a bágoa a abrasarme París.
Brazo de tizón lanzando argumentadas que ían deixando o eterno van.
[...]
E como da cinsa, vascullei no po a embute xuntando o que foramos e refixen o amor desta maneira.
Clara Vidal, fragmento dun poema que se pode consultar premendo aquí.
O título desta entrada pertence a uns versos de Linguaxes dixitais.
A imaxe pertence ao videopoema «O Verbo», que se pode consultar premendo aquí e no que, se miras ben, na terceira páxina da captura se escribe en azul eléctrico que lonxe está París e que grazas á distancia, á pedra e á area, chegamos ao Verbo.
Aínda somos capaces.
Linguaxes dixitais chegou, por fin, a Compostela.
Moitas grazas a todos por virdes: aos que me coñeciades e, sobre todo (coma sempre), aos que non. Grazas tamén a Carlos Rúa Junquera polas fotos.
Os que non estabades, podedes (coma sempre) ver videopoemas e ler algúns poemas na lapela do libro, así como compralo para que chegue ao voso domicilio no menor tempo posíbel.
Onte Estíbaliz Espinosa Río e mais Pilar García Rego lembraban no ZigZagDiario que mañá día 12 de abril estarei en Santiago de Compostela presentando o meu novo poemario e hoxe Guillermo Rodicio publica unha recensión cargada de amor e crítica meditada sobre o meu libro. E eu feliz, claro.
Podedes lelo dende a lapela de Linguaxes dixitais ou directamente na nosa revista dixital de cultura en galego A que cheira, papá?
Estíbaliz Espinosa Río estivo hoxe no Zigzag Diario e levou o meu Linguaxes dixitais para que os meus versos soasen na súa voz. 😍
Aquí tendes o vídeo, ademais dun aniversario moi especial na miña poética. 🎂
Arquitecturas
Vídeo do recital n’O Fiandón (A Coruña) de ha uns meses, no que aproveitei para ler poemas de Linguaxes dixitais.
Estiven poetizando no #ZigZagTvg. Toda a información sobre o libro na lapela Linguaxes dixitais do meu WordPress. Próximas presentacións: 👉12 de abril en #Compostela, ás 21:00 h no Modus Vivendi 👉4 de maio en #Vigo, ás 21:00 h no Café Uf. https://claravidalpoemas.wordpress.com/2019/03/26/entrevista-no-zigzagdiario
Hoxe, estiven no Zigzag Diario acompañada de Pilar G. Rego nunha entrevista en directo que podedes ver aquí.
Linguaxes dixitais chega a Santiago de Compostela e a Vigo.
Próximas presentacións:
12 de abril en #Compostela, ás 21:00 h no Modus Vivendi
4 de maio en #Vigo, ás 21:00 h no Café Uf.