Onte estivemos no Pecha Kucha Night celebrado en Pontevedra no Portal 48. Unha sesión cargada de boas propostas e de moi diversas fontes de inspiración como a arquitectura, o skateboarding, a publicidade, o ganchillo...
Dende unha discográfica relacionada co mundo underground e a autoedición de cassettes como Seara Records ata Círculo Polar, que organiza diversos talleres onde pretenden combinarse diferentes disciplinas artísticas como a estampación de selos ou a ilustración. Tamén Freshysweet, unha axencia de publicidade junior que recentemente fixo unha campaña de captación de alumnos para a Universidade de Vigo. Ou Flying Rats, un colectivo de skaters interesados pola creatividade e os cales fabrican os seus propios módulos para patinar.
Moitas foron as propostas, todas igual de boas e nós quedámonos con máis ganas de Pecha Kucha. Un bo ambiente rodeado dunha boa compañía a organizadora, a xa mencionada en anteriores posts Maya Kapouski fixo de anfitrona en conxunto co espazo de creación de arte Portal 48.
Quedamos todos encantados e esperamos unha nova edición do Pecha Kucha Night en Pontevedra nos próximos meses. Bótadelle unha ollada ás fotos da sesión a través do perfil en Facebook da organización. A qué agardades?














