Onte estivemos na inauguración do novo Portal 48, un espazo que pretende dar cabida ós novos artistas e colectivos dos arredores de Pontevedra e que ten como finalidade crear sinerxias entre o arte e as relacións humanas.
O novo espazo encóntrase na Avenida de Lugo, en Pontevedra e conta cunhas amplas instalacións onde podemos atopar dende obxectos de artista ata un skatepark indoor, onde os xa coñecidos Flying Rats poderán a partir de agora patinar aínda que a chuvia non o permita.
Dentro do novo espazo encóntranse como colectivos o propio Portal 48, Producciones Mutantes , O'ras, Bolboretas de papel e Flying Rats, co mencionado skatepark. Ademáis contará con un plató de televisión e maquinaria para facer serigrafías, estampación...
Con toda este conxunto de cousas molonas como non, Indo de modernos tiña que estar presente, así que alá fomos!
Sen dúbida creemos que este novo espazo vai contribuír aínda máis a un espírito creador da cidade, onde sairán novos talentos artísticos e novas relacións profesionais. Desexámoslle toda a sorte do mundo! Noraboa!










