Co idioma propio pasa o mesmo que coa familia: é algo que nos vén imposto sen saber como nin como non e non temos máis remedio que amolarnos ou congratularnos, segundo os casos. E amémolo ou odiémolo, gústenos ou non nos guste, usémolo ou non o usemos o galego - e todo o que isto significa- é o noso idioma natural. Que se lle vai facer!
Manuel María







