Converte o teu iPhone nun coche de xoguete con Makego
Acabo de descubrir unha cousa absolutamente marabillosa que quero para XA! Trátase dunha aplicación que converte o teu iPhone ou iPod Touch nun coche de xoguete, nun carriño de xeados ou nun barco, ao gusto do consumidor. E iso polo de agora, que din na web de Makego que "more vehicles are coming soon". Podedes, dependendo do vehículo que escollades, desde arrancar o motor ou encher o depósito ata vender xeados ou darlle de comer aos patos. Hai pezas de LEGO que son compatibles con algunhas carcasas de iPhone ou iPod Touch, pero tamén se poden facer modelos ben chulos con cartón ou outros materiais. Iso, coma os decorados, xa depende da creatividade do rapaz ou, na maior parte dos casos, sospeito que da vosa.
O vídeo mola mil, e podedes descargar a aplicación no App Store por só 1,59 €.
Xa sabedes, a partir de agora, se non collo o móbil é que estou xogando.










