. 🐱 - Queridos reis magos: Este ano portámonos moi ben... 😶 - Imos deixalo en ben... 🐱 - Imos deixalo en “vas escribir ti a carta cos fuciños”. 😶 - ¡Es unha borde, Monchiña! Dicía: Este ano portámonos moi ben, e xa sabes que sempre pedimos cousas razoables... 🐱 - Non. Nós pedimos un fogar cunha familia que merque moitas latiñas e moitos xoguetes, e un sofá, e a xente que nos coida pide cousas “de batalla”. ¡Así non hai quen teña unha ilusión! 😶 ... (Ollada “Aceiro azul”) 🐱 - ¡Boh! Pon o que che dea a gana. 😶 - ... así que este ano imos pedir o que realmente nos fai máis falla, a saber: → Produtos de limpeza... 🐱- para o servizo... eeeh... para os voluntarios, que nos teñen o piso gateira que se pode comer no chan (de feito, moitas veces rematamos comendo no chan cando tiranos o penso), pero o Sanytol non medra nas árbores. 😶→ Gaiolas trampa, para coller os gatos da rúa (para esterilizar antes de que se poñan románticos na primavera ou para curalos cando están pochiños). → Empapadores. Para as gaiolas de recuperación e transportíns. Os michos cando están nerviosos... Pois xa se sabe →Area de sílice. Para os gatiños en recuperación. → Area vexetal aglomerante. Para os gatos en adopción. 🐱 E con isto, creo que xa está todo. O do fogar xa por descontado que sería o mellor, pero mentres non atopamos un, queremos facerlle a vida máis levadeira a estos “figuras” que coidan de nós, porque son moi sobóns e non calan nin debaixo da auga, pero son uns soles e sempre están aí para nós, chova ou trone, sen importar se lles facemos agarimos ou se lles fungamos, ¡nin coa pandemia libramos deles! Un amigo é un amigo, pero un que che limpa o areeiro coma se cheirase a rosas... ¡con ese é co que tes que quedar!” #Gatuchinhos #ostresmichismagos #carta #colabora #Monchiña #Coruña #ACoruña #adoptaamonchiña https://www.instagram.com/p/CYWzywyj6Uc/?utm_medium=tumblr