Dor de Lino Braxe
Texto
seen from United States
seen from United Kingdom

seen from United States

seen from United Kingdom

seen from United States
seen from United States
seen from United States

seen from United Kingdom

seen from United States
seen from Saudi Arabia
seen from Argentina
seen from United States

seen from Saudi Arabia
seen from China
seen from China
seen from Saudi Arabia

seen from United Kingdom
seen from France

seen from United States

seen from United States
Dor de Lino Braxe
Texto
MITEU. HOXE, quinto capítulo da 19ª tempada do mellor festival de teatro universitario de Galiza e do Estado, con monicreques adultos, percusión e danzas tradicionais doutras culturas, coas seguintes “estrelas convidadas”: Ás 20.30, o grupo PIGMALIÃO. ESCULTURA QUE MEXE (BRASIL, MINAS GERAIS), co espectáculo “A filosofía na alcova”
AUTOR: MARQUÉS DE SADE LUGAR: AUDITORIO HORA: 20’30 DURACIÓN: 80 MINUTOS TARIFA: 5 €
"A Filosofía na Alcova é unha libre adaptación da obra homónima de Marqués de Sade. O espectáculo utiliza unha técnica de manipulación pouco coñecida no Brasil, que permite movementos precisos e realistas ás marionetas de fíos. Reunindo no escenario seis actores que manipulan e interactúan cos monecos, a posta en escena describe a educación sexual da fermosa e nova Eugénie, baixo os principios e a óptica dos seus singulares titores Saint-Ange e Dolmancé. Misturando discursos filosóficos sobre sexualidade, relixión e os costumes, os mestres depravados levan ao extremo as súas leccións prácticas e teóricas, defendendo o pracer por enriba de calquera regra ou lei. «A Filosofía na Alcova» convida ao público á reflexión, conxugando humor, sensualidade, terror e piedade, buscando a función máis importante do teatro: a catarse".
Un teaser
E ás 23 horas, o GRUPO FAM YA MINA PRODUCTION (GUINEA ECUATORIAL ), co ESPECTÁCULO “El percusionista”
AUTOR: GORSY EDU ABAGA LUGAR: TEATRO PRINCIPAL HORA: 23’00 DURACIÓN: 70 MINUTOS TARIFA: 5 €
Un músico ancián instrúe ao seu neto; a través da música transmítelle sabedorías e filosofías ancestrais. O tempo transcorre na aldea co mozo inmerso nas súas tradicións. Cumprindo co dito africano, «os días que fan medrar aos nenos son os mesmos que envellecen aos anciáns», o avó cae enfermo; como consecuencia da súa vellez comeza a perder a visión. O afán por curar ao seu avó fai que o rapaz tome a decisión de deixar a aldea e emigrar ás grandes cidades na procura do remedio. O mozo parte cara Europa -Sí beyêng- un mundo para el descoñecido, levando consigo unicamente o saber do seu pobo encerrado nas melodías e ritmos ancestrais.