🖼️ Este venres 3 de marzo teremos no local da Asociación a experiencia virtual "A orixe dos museos" do proxecto cultural "Un museo en Movemento" do Museo de Belas Artes da Coruña @museo.belas.artes.coruna e a Asociación de Amigos do Museo @amigosmuseobbaacoruna ; proxecto que se atopa dentro do programa de Cultura Accesible e Inclusiva que lidera a Fundación Emalcsa @fundemalcsa 🏺 Haberá dúas quendas ás 18:00 e as 18:40 h. para cinco persoas cada unha (por número de lentes VR empregadas á vez). Recomendados confirmedes asistencia para reservar a praza. 🏛️ A descripción da experiencia é a seguinte: "Apartir de O gabinete do coleccionista, cadro realizado cara 1630 por Fran Francken, explicarase a orixe dos museos e a súa diversidade. Para iso, os participantes poderán penetrar nunha reconstrución virtual deste gabinete do século XVII, onde a educadora compartira espazo con eles para facerlles unha introdución á historia do coleccionismo e explicarlles os xéneros pictóricos representados na escena: o retrato, a pintura relixiosa, representada en cadros como a Epifanía e a Verónica; a mitoloxía, en mitos clásicos como o Xuízo de Paris, o Triunfo de Neptuno e a Dánae, ou a paisaxe, con moitos exemplos neste gabinete. Rematada a visita, os participantes poderán realizar un taller individual consistente no deseño do seu propio gabinete de coleccionista. Para iso, se lles proporcionará un espazo virtual baleiro, que terán que decorar coas obras que escollan dentro dunha selección da colección do Museo. O resultado do seu traballo será exposto no propio museo, unha vez rematados todos os talleres." 🎨 #unmuseoenmovemento #museoenmovemento #belasartes #museobelasartesdacoruña #belasartescoruña #amigosdomuseobelasartesdacoruña #amigosbac #fundacionemalcsa #palavea #santaxema #pontedapasaxe #avpalavea #osnososlares #osnososlarescoacultura #barrioscoruña #coruñea #acoruñamola #avvcoruña (en Asociación de vecinos "Os nosos lares" Palavea) https://www.instagram.com/p/CpQRgWDsB6z/?igshid=NGJjMDIxMWI=














