Nova Zelândia luta contra nova onda de infecções
A Nova Zelândia foi elogiada por seu sucesso em permanecer livre de vírus chinês na a maior parte da pandemia da COVID-19. Mas recentemente registrou seu maior número diário de novos casos desde que a pandemia começou.
A nação do Pacífico Sul registrou 94 casos de transmissão comunitária do coronavírus chinês nesta terça-feira (19). A…
Hei, vai, rompe a tormenta outra vez. Ti e máis eu debemos ser un furacán de clase tres. Hei, vai, caen os raios outra vez, móvese a terra e debe ser un terremoto de forza dez. Hei, vai, as nubes mexan sobre min. Sempre que vés tes que dicir que son peor que o mes de abril. Se das un paso atrás pódoche dar cen días de sol abrasador, se me deixas dar un paso atrás. Hei, vai, rompe a tormenta outra vez. Ti e máis eu debemos ser un furacán de clase tres. Hei, vai, as nubes mexan sobre min. Sempre que vés tes que dicir que son peor que o mes de abril. Se das un paso atrás pódoche dar cen días de sol abrasador, se me deixas dar un paso atrás.
The Homens son un grupo santiagués formado no 2004 e enmarcado no power pop que autodefinían como: "Melodía, enerxía e actitude. The Homens levamos xa máis de tres anos intentando facer cadrar esta ecuación. Ás veces ata nos parece que o conseguimos. Gústanos a Nova Onda de finais dos 70, adoramos o post hardcore dos 80; encántanos o pop británico de calquera época; quremos facervos bailar, cantar e botar o fígado nos nosos concertos." e presentan aires sixties, garage e post punk. Sacaron catro discos e incorporaron para o cuarto ao teclista Cristovo (que se suma á formación primeira composta por Roi Fernández -baixo e voz-, Martin Wu -guitarra e voz- e Xocas -batería-). O seu punto forte eran os directos que protagonizaron canda a máis festeira escena galega participando coa mesma en discos colectivos coma Manifesto Dobarrista. No 2011, o grupo sepárase -cando menos momentáneamente- pola marcha do batería ao estranxeiro tras o que Roi aprobeita para centrarse no proxecto Mato Grosso iniciado en 2010 e en Grampoder, banda iniciada no mesmo ano con outro membro de The Homens: Martin Wu.
A canción do audio, Cen días, correspóndese coa segunda do terceiro álbum: Tres. Podes escoitar todo o álbum gratuitamente ou descargalo e ver as letras e outra información aquí.