Onte unha representación das directivas das asociacións veciñais de Eirís, Pedralonga e Palavea estivo no acto inaugural da obra da pasarela que unirá Pedralonga con Palavea, obra demandada pola veciñanza da zona dende hai mais dunha década para reclamar un paso seguro directo entre ambos barrios. Por fin, tras diversas recollidas de firmas, mobilizacións e reunións durante unha década, podemos xa ver o comezo da execución da obra. O tempo de execución é de 24 meses e seguiremos informando do desenvolvemento e concreción final da obra na mellora da mobilidade dos nosos barrios. #pasarelaPedralonga #pasarela #pasoseguro #palavea #pedralonga #eiris #avv_eiris #avpedralonga #avpalavea #osnososlares #osnososlaresactúa #seguridadevial #mellorandoobarrio #coruñabarrios #avvacoruña #coruñea #acoruñamola (en Palavea La Coruña) https://www.instagram.com/p/CUKyT8oMPn0/?utm_medium=tumblr












