Coa chegada do verán, os montes ferven de actividade durante as “cálidas” noites ó acoller infinidade de rastrexos. Xuño ofrécenos nin máis nin menos que sete eventos ben espallados pola nosa xeografía, dos que algúns xa esgotaron as súas prazas mentres que outros aínda manteñen aberta a inscrición. Imos repasalos!
O primeiro sábado do mes celébrase o II Rastrexo de Piñeiro, o cal estará ambientado na película “Divergente”, un mundo futurista onde a sociedade está dividida en diferentes faccións baseadas nas virtudes humanas. Podedes inscribirvos ata o 20 de maio a través do correo [email protected] indicando o nome do equipo, nº de participantes, nome do capitán, ademais dun tfno. e enderezo electrónico de contacto.
O venres 10, avalado polo éxito obtido o ano pasado, chega a 19ª edición do rastrexo máis lonxevo de todos, o Rastrexo de Xinzo. Se queredes participar só tedes que inscribirvos enviando un correo a [email protected] indicando o nome do equipo, nome completo do representante, xunto cun tfno. e enderezo electrónico de contacto.
O sábado 11 a cita é en Mosende, para gozar do II Rastrexo da Costeira. Polo que se pode apreciar no cartel, os Xogos Olímpicos serán a temática imperante. Inscrición a través do correo [email protected] ou [email protected]. Tamén a podedes facer de forma presencial no bar da comisión de festas de venres a domingo en horario de 19:30 a 1:00 h.
Para o terceiro finde do mes, o do sábado 18, a oferta duplícase:
Por unha banda, en Tui nace un novo rastrexo que pretenderá ofrecer unha aventura ao estilo Indiana Jones. Trátase do I Rastrexo de Paramos, ao que podedes inscribirvos a través do correo [email protected] indicando o nome do equipo e do capitán, número de participantes e un tfno. de contacto.
Doutra banda, Couso celebra o seu segundo rastrexo do ano. Inscrición a través do correo [email protected] indicando o nome do equipo, nº de compoñentes e tfno. de contacto.
Para rematar, só nos quedan por mencionar os dous rastrexos que poñerán a guinda final a este mes de xuño e que contan coa inscrición pechada. Son o I Rastrexo de Viladesuso e o IV Rastrexo de S. Pedro de Batalláns, que se celebrarán o venres 24 e o sábado 25, respectivamente.
Para coñecer máis detalles destes e doutros rastrexos, visitade o noso CALENDARIO 2016.