One Nice Bug Per Day
Lint Roller? I Barely Know Her
Not today Justin
Alisa U Zemlji Chuda
Claire Keane
i don't do bad sauce passes
🪼
d e v o n
tumblr dot com
Cosimo Galluzzi

No title available
RMH

roma★

Origami Around
cherry valley forever

❣ Chile in a Photography ❣
No title available
2025 on Tumblr: Trends That Defined the Year
Monterey Bay Aquarium

JBB: An Artblog!

seen from United States

seen from Malaysia
seen from United States
seen from Czechia
seen from Saudi Arabia

seen from Mexico

seen from Germany

seen from Türkiye
seen from United States

seen from Spain
seen from United States
seen from Philippines
seen from Finland
seen from United States
seen from Saudi Arabia

seen from Indonesia
seen from United Kingdom
seen from United States

seen from United States

seen from Türkiye
@rastrexoafondo
Xa podedes inscribirvos no que presumiblemente será o último rastrexo da tempada, o I Rastrexo IES María Soliño de Cangas. Celebrarase o vindeiro 5 de novembro a partir das 21:00 h. Para apuntarvos, deberedes premer aquí e cubrir a inscrición. Animádevos e participade! [+INFO: I Rastrexo IES María Soliño]
Proba de orientación deportiva en Mondariz
O Concello de Mondariz organiza para o vindeiro sábado 10 de setembro, unha proba de orientación nocturna na marabillosa contorna do río Tea, na que os participantes deberán percorrer unha distancia variable e tentar localizar, coa única axuda dun mapa, unha serie de puntos nun tempo determinado. Ademais terán que superar unha serie de probas variadas tentando acumular o maior número de puntos posibles, sempre co obxectivo principal de gozar da natureza á vez que se fai deporte.
Andaina Nocturna da Santa Compaña en Rebordáns
A Asociación de Veciños A Lavandeira, de Rebordáns (Tui), organiza a Andaina Nocturna da Santa Compaña para o venres 2 de setembro. A saída será ás 22:00 horas do Parque do Montiño en Rebordáns. Constará de cinco quilómetros de percorrido con dificultade baixa e con sorpresas polo camiño. Ao remate haberá chocolate con rosca e queimada para os participantes. A inscrición ten un prezo de 6 € por persoa e os nenos de ata 12 anos poden asistir de forma gratuíta, acompañados dun adulto. Os interesados, podédesvos anotar ata o 1 de setembro nos seguintes tfnos.: 660 682 365 - 676 538 772 – 655 666 062.
II Andaina Terrorífica de S. Mateo “O Circo do Terror”
II Andaina Terrorífica que terá lugar o vindeiro sábado 20 de agosto na parroquia de San Mateo de Oliveira, no concello de Ponteareas. Arrincará desde o Centro Cultural de San Mateo a partir das 22:00 horas e constará de 7 quilómetros de percorrido, con xogos aterradores non competitivos. Ao remate da mesma haberá sorteos entre todos os participantes.
O prezo da inscrición é de 3 e 5 euros para nenos ata 10 anos e adultos, respectivamente. 1 euro irá destinado á Asociación de nenos e nenas con diabetes de Galicia (ANEDIA).
Máis información e reserva de praza vía whatsapp no tfno. 676 882 393 ou a través do seu perfil de Facebook Andaina San Mateo.
San Pedro de Batalláns acollerá o vindeiro 15 de agosto o seu primeiro rastrexo infantil
O Rastrexo San Pedro organiza o vindeiro luns, día 15 de agosto, a partir das 17:30 horas, o 1º rastrexo infantil "A loita non é para os covardes". O percorrido polos montes da parroquia será de aproximadamente cinco quilómetros e poderán participar nenos de 6 a 15 anos en grupos de entre 5 e 10 persoas, entre os que debe haber dous adultos. As inscricións xa están abertas, podendo anotarse a través do enderezo electrónico [email protected] ou ben a través de whatsapp no número 680 934 513. O prezo da inscrición é de 2 euros por nenx.
[+INFO: facebook/rastrexosanpedro]
Volve a noite do terror de Eiras
A Comparsa Cicklón organiza o sábado 27 de agosto a súa terceira andaina 'Noche del Terror'. Partirá desde a explanada do Restaurante Eiras, no Rosal, a partir das 22:00 horas, facendo un percorrido polos camiños máis inhóspitos da parroquia, que estarán repletos de sorpresas relativas á temática. “Unha nova ruta que vos levará ao máis profundo das tebras”, segundo indican os organizadores.
O prezo para participar é de 5 € por persoa (inclúe chocolate e rosca). Só se necesita roupa cómoda, unha lanterna e ganas de pasalo ben. O evento é apto para todos os públicos.
Máis información e reserva de praza nos tfnos. 617 867 797 - 647 229 975 ou na páxina de Facebook Comparsa Ciklón.
A localidade ourensá de Arcucelos, en Laza, acolle o vindeiro sábado, día 20 de agosto, a celebración da terceira edición do 'Arcucelos Fantasma'.
O evento comeza ás 23:00 horas e, no seu transcurso, os asistentes participarán nun percorrido guiado por tres rúas deshabitadas do pobo nas que se recrean escenarios de diferentes películas de terror. É recomendable acudir en grupo e presentarse algún tempo antes da apertura para sacarlle o máximo partido á experiencia. A entrada custa 3 €.
A iniciativa está organizada pola Asociación Arcucelos Fantasma e no seu desenvolvemento participan activamente ao redor de 70 persoas.
Que recordos nos trae a humilde lanterna de petaca, esa que reinaba por enriba de todas ata hai pouco tempo. Gustaríanos recuperar a esencia de antano e para iso propoñémosvos un reto: seriades capaces de participar nalgún rastrexo utilizando unha destas lanternas? Demostrade que sodes rastrexadores de cepa e non necesitades da tecnoloxía led para estar á altura.
Los montes del sur de Pontevedra acogen 17 gymkanas nocturnas desde hoy hasta el próximo 24 de septiembre
Hola buenas, queria saber si este año no hacen el rastrexo de Fozara? Gracias
É unha verdadeira incógnita! A estas alturas ninguénse pronunciou ao respecto e todo fai indicar que probablemente non se celebre,pero… tampouco o descartamos. En Fozara todo pode pasar, e nos próximos díassairemos definitivamente de dúbidas. Esperamos que nos sorprendan!
DEFINITIVAMENTE, ESTE ANO 2016 QUEDARÉMONOS SEN RASTREXO DE FOZARA [Confirmado o 25 de xullo]
Josefa da Lama, medallista olímpica en Helsinqui 1952. Nin sequera un Torakka pode con ela. A que tivo, retivo.
O I Rastrexo de Vigo “Os Superheroes”, celebrado o pasado 28 de maio na zona de Cabral, foi unha auténtica decepción, non chegou nin sequera a rozar as expectativas que se xeraron entorno ao mesmo.
Carreiras de obstáculos, a moda que percorre España e agora Galicia
Son a nova moda no mundo do deporte. Cun carácter lúdico-competitivo, as carreiras de obstáculos esténdense rapidamente pola xeografía española chegando, como non podía ser doutra forma, tamén a Galicia.
I CARREIRA DE OBSTÁCULOS POLA INTEGRACIÓN
Este domingo 29 de maio celébrase a I Carreira pola Integración en Vigo. Será na contorna do Club Náutico de Vigo e trátase dunha carreira pensada para todas as idades e para gozala dunha maneira lúdica. Consistirá nun circuíto urbano de 2,5 km onde teredes que superar numerosos obstáculos como unha montaña de pneumáticos, piscina de escuma, guerra de cores, labirinto de cordas, balóns de humor amarelo, camiñar a cegas, corpo a terra… haberá ademais unha zona musical e xogos de colaboración.
En paralelo á carreira poderedes gozar dunha xincana deportiva, do photocall interactivo con redes sociais, talleres e xogos de sensibilización, muro dos desexos, animación musical, pintacaras… e descubrir a Feira da Solidariedade, un espazo con varias casetas de diferentes entidades sociais que conforman o Proxecto ENKI onde se dá a coñecer o seu traballo, os colectivos que presentan e o importante labor que realizan diariamente. Estará dispoñible de 11 a 14 horas.
29 de maio | de 10 a 14 horas
Inscrición: 7€ adultos / 5€ persoas con diversidade funcional e menores de 10 anos. Á venda en Ataquilla ou de maneira presencial na sede de Afundacion en Vigo
FONTE: lamariola.lavozdegalicia.es
MÁIS RASTREXOS PARA XUÑO
Coa chegada do verán, os montes ferven de actividade durante as “cálidas” noites ó acoller infinidade de rastrexos. Xuño ofrécenos nin máis nin menos que sete eventos ben espallados pola nosa xeografía, dos que algúns xa esgotaron as súas prazas mentres que outros aínda manteñen aberta a inscrición. Imos repasalos!
Survival Zombie Tui Medieval 2016 (Edición Especial)
Tui sufrirá unha auténtica mutación ás 23:00 horas do sábado 3 de setembro. As rúas e prazas da localidade serán tomadas por hordas de mortos viventes na que será a segunda Survival Zombie de Galicia, a primeira celebrouse o pasado 21 de novembro en Sada, un evento que ata o de agora percorreu máis de corenta pobos e cidades e que será unha cita obrigada para os amantes dun fenómeno alimentando por series como The Walking Dead.
Este acontecemento consistirá nunha xincana que se desenvolverá durante oito horas, desde as once da noite ata as sete da mañá, na que os participantes deberán recoller pistas e superar diferentes probas que os acheguen ao obxectivo final e, sobre todo, tentar sobrevivir mentres os zombis tratan de atrapalos. Se isto ocorre, os xogadores terán a opción de pasar polo set da organización e someterse a unha caracterización para comezar a xogar no papel de morto vivente.
Nesta ocasión, o evento adquire un matiz diferente debido a que se trata dunha edición especial, na que WRG, a empresa organizadora, recreará unha apocalipse na época medieval por causa da Peste Negra que azoutou Tui e Valença en 1348.
As entradas para este real game, no que segundo a organización xa participaron máis de 50.000 persoas en España, están á venda por prezos que oscilan entre 10 e 30 euros segundo o papel que asuma cada participante. Podedes conseguilas de dúas formas:
A través das páxinas web wrg.entradium.com ou survivalzombie.es
Nos puntos de venda habilitados en Tui:
Game Over (Rúa Mondoñedo, Nº 4 Baixo)
Espazo Lector Nobel (Rúa Augusto Gonzalez Besada, Nº 10 Baixo)
[+INFO: survivalzombie.es/evento e facebook/survivalzombie]