Moitas veces, o longo da vida a xente movese por sensacións, por sentimentos, por unha morea de lembranzas, ... aínda que tratemos de ser o máis racionais posible, sempre hai un factor que non chegamos a controlar e que nos fai toma-la decisión máis desexable, pero non a máis convinte.
Fai pouco tiven a oportunidade de participar nunha cata de viños, e alí había viño de ata 50 anos procedente dalgunha desas bodegas que tanta sona ten ultimamente. Como cheguei ata aquela mesa e unha longa historia que non é a que nos ocupa, pero o chegar ó final da cata, había dous viños doces, un dos cales era un viño quinado sen case valor comercial nin case valor a secas... Ben, cunha puntuación sobre 100, eu puxen 95. Era consciente do esaxerado do feito, incluso do absurdo do mesmo, pero é que para min o sabor daquel viño, eran tardes-noites de inverno de cando era pequena, e alguén me deixaba molla-los beizos cun chisquiño e as agachadas dos meus pais... Só pola morea de lembranzas que me chegaron a mente co primeiro grolo, e que fixo que a puntuación outorgada non fose para nada a que debería ser.
Isto é un feito moi frecuente, máis frecuente que do razoablemente admisible porque incluso cando non debería influír, inflúe.
Éche moi frecuente que a unha morea de medicamentos se lles poña sabores, para facer máis doada a súa inxesta... A min ningún me ten un sabor agradable pero quen son eu, capaz de puntuar cun 95 un viño malo, para opinar?. Pero se cadra hai feitos que respaldan a teoría de que deberiamos ser un pouco máis coidadosos na nosa toma de decisións.
Un dos feitos máis determinantes da historia e que trocou a maneira de afronta-la mediciña de hoxe en día, foi o descubrimento da Penicilina por parte de Flemming. Coa chegada dos antibióticos, chegou a ferramenta para loitar contra unha morea de infeccións, puidéronse controlar unha morea de doenzas, e mellorar as condicións de vida dunha morea de xente. Golden dixo aquilo do fin das doenzas, e logo viñeron os abusos e as actuais políticas de exceso de control. Fíxate! Coma os bancos, antes entras e dabanche o que non estaba nos escritos,... agora pídenche que devolvas o bolígrafo que che prestaron....
Pero esta historia de recuperación e control de infeccións, estivo a piques de ser total, completamente e brutalmente distinta por culpa do sabor dun antibiótico. Aló pola metade dos anos 30 descubríronse as sulfamidas. Este feito fixo que por primeira vez na historia houbese algo para combater infeccións causadas por Streptococcus, meninxite e a neumonía. Ata esa data, por exemplo a neumonía era a causa de morte de ata un 8 % da poboación.
As propiedades das sulfamidas foron descubertas en 1932 por químicos alemans e xa no 1935 foron usados en estudos clínicos. Hoxe en día esta premura é impensable. En Decembro do 36, o New York Times chamoulles “magic bullets” e “milagro crecente” e os ratios de morte das doenzas que podían ser tratadas con elas baixaron espectacularmente. O Prontosil, que foi o primeiro nome co se coñeceron, pasou rapidamente de Alemania a Inglaterra, e logo a Estados Unidos.
So hai un borrón ben grande na historia ... unha cuestión de sabor. Resulta que sabían moi pero que moi mal, e a unha compañía americana deulle por intentar trocar este aspecto negativo... Desenrolaron un xarope ben doce pero as sulfamidas eran difíciles de solubilizar, e decidiron utilizar di-etil-glicol para axudar na disolución mentres mantiñan o novo sabor... Mataron a 107 persoas porque os glicoles son un chisco tóxicos, ...
Imaxinades o que podería se-la Historia do século vinte con dúas guerras mundiais, máis unhas cantas máis de carácter máis local sen antibióticos? Imaxinades que se houbesen quedado so no sabor?