Aínda non lhe nasceron os pitos todos
Expressão galega que significa estar de mau humor.
Ex.: Não me chegou a paga extra! Não para desde que chegou, não lhe nascerão os pitos todos.

seen from United States
seen from United States

seen from United States

seen from Netherlands
seen from United States

seen from Russia
seen from United States

seen from Canada

seen from Malaysia
seen from China

seen from United States
seen from China

seen from United States
seen from United States

seen from Malaysia

seen from Italy

seen from United States
seen from Türkiye
seen from United States
seen from United States
Aínda non lhe nasceron os pitos todos
Expressão galega que significa estar de mau humor.
Ex.: Não me chegou a paga extra! Não para desde que chegou, não lhe nascerão os pitos todos.
Esquecemento
Xa nin me lembro nin quero de ti saber
Xa non me doe, nin sinto de non verte
Xa son o eu non aquel que foi antes
Xa vou mellor, non ben do meu sabes?
Mais apañei coas realidades que me seguían día a día
Cerrei e volvín a abrir a fiestra Agora corre ar limpo por estas terras
Onde segue a crecer cada mañá a herba do meu verde xardín
Verbas de ledicia e flores de paixón fan un manto de novas sensacións
Engaiolan testemuñas as experiencias berce da miña infancia e xuventude.
Sede radicáis, sede innovadores, sede vós mesmos e non vos deixedes amansar
TnO
O sorriso do vadío
-Así sente e senta aquel home que co caramelo acabándose na boca despide as últimas sombras do día-
Xa non son festas nin risas, foronse para lonxe, conxeláronse, quedaron atrapadas nesa máquina, desfixéronse lentamente co amencer
A onde vas pequeno artista? acaso as vistas dun adeus te nomearon? -Encóllese baixo o seu sombreiro-
Sei que vas rir se cho conto pero fai tempo que perdín ese romántico placer que dá a vida
Sorbín con estes bicos cada serán arrombei cada erro, cada desatino mais xa todo dá igual
Desde que se foi o sol acostumbreime a calor das cinzas e agora que nos queda?
-Suavemente saca un chisqueiro do abrigo e un cigarro case extinto tingue o ar dun ton gris-
Albergo en min os rostros dun pasado que esculpido neste busto chora orfo de tenrura e compaixón
Non vas quedar un anaco máis? tes a onde ir a estas horas? -Erguéndose cun sorriso-
Non hai lisca de tempo que perder nin son eternas as penas da alma que torturan e confinan sen celador
A dor nalgún momento remata por iso eu dalgún xeito tamén partín por iso xa non estou completo
A vida do vadío é un vagar continuo é un non ter, por ter perdido mais finalmente atoparse a si mesmo.
O ano entra potente
Estou contento, a vida volve a coller rumbo. A cabeza sempre algo tola pero iso sen remedio. Grazas a todxs por acompañarme todo este tempo, en serio que un non pode sentirse máis agradecido por ter a uns descoñecidxs tan xeniais tras a línea telefónica. A pesar das subidas e baixadas da vida, sempre queda Tumblr para atoparse rodeado de amigxs. Obrigado pela vossa companhia.
É bonito ver o amor nos teus ollos e nas túas palabras, supoño que iso é o que dá alegría a xente. Un día pensei que estas cousas fan que todo sexa para sempre e logo a vida ensinoume que non. Agora o único que podo facer é disfrutar dese ollar teu o tempo que me dure, que fea é a vida.
TnO
Lume que se adentra no máis profundo dos nosos corpos, lume que aviva e esgota as ilusións motor da nosa vida. Lume experiencia e nós materia ardente de desexo.
TnO con @brancafror
Que non teña medo, que sobran os anos para atopar un camiño
TnO