La proposición
Comedia romántica protagonizada por Sandra Bullock e Ryan Reynolds.
Margaret é unha famosa editora que por manter a súa seguridade na empresa e non ser reportada a Canadá, a súa cidade natal, fase pasar pola moza do seu asistente, Andrew. Este tiña planificado ir por un tempo a ver a súa familia a Alaska polo aniversario da súa avoa (Betty White), polo que Margaret aproveitase pra marchar con el e así superar o exame ao que os sometera o seu avogado, como comprobación da veracidade desta relación.
Cando Margaret coñece á familia de Andrew parécelle encantadora aínda que ela non se atope moi cómoda nunha casa de campo xa que está acostumada a vida en Nova Iork, todo da un gran cambio cando a súa familia proponlles casar alí mesmo onde casara toda a familia.
Darase conta o avogado de que é unha relación falsa? Acabaran namorados realmente? Terá que volver Margaret a Canadá?
Recoméndovos moitismo esta película.
Bicos :)










