Felices festas!
Queirades ou non (eu sempre quero), estamos metidos de cheo no Nadal, que para min é sinónimo de festa, turrón, luces, agasallos, ilusión, e tamén de que remata outro ano que, coma todos, pasou rapidísimo. Lembrarei o 2017 coma o ano no que celebramos o noso quinto aniversario, no que publiquei o meu primeiro conto… e tamén como un ano triste, moi triste, pero xa saberedes que as cousas feas prefiro gardalas na intimidade. E a pesar de que non actualicei o blog todo o que me gustaría, non quería deixar de felicitarvos as festas e desexarvos un 2018 estupén!
Bicos para tod@s! Procedo a prender o modo Nati, que durará, polo menos, ata Reis.














