Veña, vai, o de poñer a lista aleatoria que me nominou @zorrxchicle. Foime complicado porque non uso spotify nin nada unificado para escoitar música (unha mistura entre listas de reprodución en youtube, a miña biblioteca persoal virtual e mais o pendrive de música do coche haha) pero anotei as 10 últimas cancións que escoitei e saíu isto. Vou anotar tamén en que contexto a escoitei, porque me parece interesante hehe
1. The Ballad of Robert Moore and Betty Coltrane - Nick Cave & The Bad Seeds (busqueina a propósito en youtube porque me acordei de que existía e me gustaba hai anos. temaso)
2. Black Eye Blues - Ma Rainey (radio do coche)
3. Lamprey - Rogue Legacy OST - Judson Cowan (Un boss theme dun videoxogo, que escoito de cando en cando porque me da un boost de produtividade que flipas. Téñoa nunha lista de reprodución pública que fixen: 𝕊𝕠𝕦𝕟𝕕𝕥𝕣𝕒𝕔𝕜 𝕡𝕒𝕣𝕒𝕕𝕚𝕤𝕖 en youtube)
4. Fantasia on a Theme by Thomas Tallis - Ralph Vaughan Williams (nunha lista de reprodución que se chama Tres Grolos de Ron e que uso para ambientar o relato que estou a escribir, maioritariamente música clásica e folk europeo)
5. Abatina - Calypso Rose (pedínllo á Alexa dunha familiar nunha comida, porque o aparatiño non saía dos clásicos españois dos 80 *glups*)
6. Floral Fury - Cuphead OST - Kristofer Maddigan (escoiteina unhas cantas veces esta semana porque a estou a aprendela nun arranxo para piano)
7. All the Pretty Little Horses - Odetta (en youtube, un descubrimento recente clicando un link aquí en tumblr)
8. El pueblo unido - Quilapayún (versión de Inti Illimani) (outra que estou sacando no piano)
9. Bass Catch - Carol Kaye (busquei a propósito sobre esta baixista da ostia nos últimos días, este é o primeiro tema do seu disco Picking up on the E string)
10. Fire Coming out of the Monkey's Head - Gorillaz (púxena no móbil mentres cociñaba, logo, da biblioteca persoal)
Non vou nominar a ninguén porque son tímida... <3 pero paseino ben recopilando isto haha













