
bliss lane
2025 on Tumblr: Trends That Defined the Year

No title available
Mike Driver

JVL

❣ Chile in a Photography ❣
NASA
𓃗
occasionally subtle
🪼
Show & Tell
cherry valley forever
almost home
Cosimo Galluzzi
trying on a metaphor
No title available
todays bird

★
Today's Document
Misplaced Lens Cap
seen from United States
seen from United States

seen from Japan
seen from United States

seen from United States

seen from United States

seen from United States

seen from France
seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United States

seen from Oman
seen from United States

seen from United Kingdom

seen from Denmark
seen from Türkiye

seen from Türkiye

seen from France
seen from Germany
@encallados
Instrucións para ver #EncalladosNaCasa
Falta un día para vermos todos xuntos #EncalladosNaCasa. É o momento de prepararse. Primeiro toca ir de compras:
1. Merca un kg de castañas ou vainas apañar debaixo do castiñeiro máis cercano.
2. Unha botella de tinto ou de licor café sempre axuda a baixalas mellor.
3. A película. Hai que mercala ou alugala online. Pode ser que tamén estea no Torrent pero imos poñercho moi fácil e barato para que nola pilles a nós. Está xa subida na plataforma VHX, que permite vela en streaming ou descargala de forma que a poidas ver cando ti queiras, nas pantallas que ti queiras (web, tableta, móbil, chromecast...).
O enderezo para acceder á película é http://encallados.vhx.tv/
Temos dúas modalidades:
- ALUGUER. Pagando pouco máis de 2 euros poderás vela durante 3 días todas as veces que queiras.
- COMPRA. Pagando o que ti queiras (a partir dun prezo mínimo de 4,5 euros) poderás descargala a distintas calidades e ter a túa copia para sempre, sen DRM nin nada. Confiamos moito en ti e agradecemos infinito que queiras ter a nosa película no teu disco duro e nos dispositivos que prefiras.
Só tes que coller a túa tarxeta de crédito e elixir a modalidade. Os prezos son con IVE incluído se vives en España. Aínda que o prezo da tenda está en dólares, non te preocupes, pagamos impostos. :)
Con isto xa podes ir preparándote para a velada de mañá, se nos vas seguir desde a casa. Se prefires acompañarnos en Compostela, estaremos na Unitaria a partir das 8pm para comezar a proxección ás 20:30. A entrada é de balde. Tamén levaremos exemplares do cómic "Encallados" de Marcos Vigo, que poderedes mercar alí mesmo. Aproveitade para que volos asine o autor e o equipo da película.
E non esquezas acompañarnos nas redes contándonos a túa proxección no hashtag #EncalladosNaCasa.
O vindeiro venres 13 de novembro, 13º aniversario do Prestige, lanzamos o visionado online de Encallados. Xa non hai excusa para non ver esta película. Pero ímolo facer especial: Porque o bo de ver #EncalladosNaCasa é que o montas ti como queiras: cunha cervexa na man, con licor café, con flocos de millo, con castañas... podes comtnar a peli en alto, berrarlles aos actores, tuitear e mesmo parar a peli para ir ao baño. Pois ben, este venres á noite o equipo da película fará o mesmo na Unitaria, en compaña de quen queira vir ver Encallados connosco. Aproveitaremos para presentar a novela gráfica "Encallados" debuxada por Marcos Vigo. Retransmitiremos todo por Periscope para facer deste visionado doméstico de Encallados unha experiencia colectiva. Nós poñemos a peli (nos vindeiros días diremos cómo vela), as castañas poñédelas vós.
Aquí unha pista gráfica sobre o lanzamento que faremos esta finde no Culturgal... Ben, que sexan tres. ;)
Encallados por fin chega a Ourense! Vémonos na estrea o vindeiro 11 de decembro.
Encallados proxéctase este venres 7 de novembro no espazo Normal da Coruña, dentro da exposición "Ducia de Cans" dedicada ao Festival de Cans, que se inaugurou esta semana e que estará aberta ata finais de xaneiro. A entrada da proxección é libre e para presentala estará Ricardo de Barreiro, un dos actores protagonistas.
"Vêm aí os galegos!". Así se titula o encontro que a vindeira fin de semana acollerá o Teatro Valadares de Caminha organizado pola Associação de Cinema Locus Cinemae. A sexta-feira proxectaremos Encallados, coa presenza de Alfonso Zarauza, ás 22h, hora portuguesa. Entrada de balde ata completar aforo.
Este outono estaremos en varios Teatros Principais. O primeiro, o de Pontevedra o 29 de outubro.
Encallados volve a Cans
O Festival de Cans e a Sala Ingrávida do Porriño poñen este domingo en marcha o ciclo de cine “Cans todo o ano”, coa proxección da longametraxe Encallados de Alfonso Zarauza, que volve así ao primeiro lugar onde se estreou, aínda sen estar completamente rematada, no Festival de Cans 2013. A cita é o domingo 19 ás 19 na Sala Ingrávida e custará 5 euros con dereito a consumición. A organización recomenda reservar entrada con antelación, xa que o aforo é limitado. A reserva pode facerse a través do mail da sala [email protected] ou do teléfono 986 331622 en horario de tarde. Pero as actividades empezarán moito antes, ás 12 da mañá, no local parroquial de Cans, onde o público poderá conversar cara a cara co director Alfonso Zarauza e cos actores Federico Pérez, coñecido polos seus papeis nas series Era Visto e Padre Casares e Ricardo de Barreiro, coñecido por series como Matalalobos, ambos os dous protagonistas do filme. Despois, contra o mediodía, os bares de Cans servirán con cada consumición un “pincho chapapote encallado” inspirado na temática do filme. Cans é unha parada habitual para tomar o viño ou o aperitivo cada fin de semana e nesta ocasión ao rematar o coloquio, os clientes dos bares poderán mesturarse tamén cos actores e co director á hora de tomar os viños e conversar libremente con eles.
Encallados inaugura la nueva temporada del la programación "De los Márgenes al Matadero" en la Cineteca de Madrid.
Entradas a la venta en Entradas.com.
La película“Encallados”, de Alfonso Zarauza, llega a Cineteca Madrid de la mano de Márgenes en su programación “De los Márgenes al Matadero”. Será con una única proyección el sábado 20 de septiembre a las 20:30 en la Sala Azcona del Matadero. En ella intervendrá el director de la película junto a los tres actores protagonistas. El público de Madrid tendrá así la ocasión de ver esta película en estreno, tras el éxito cosechado en su gira de verano por teatros, auditorios y plazas de toda Galicia, donde la han podido disfrutar más de 3.000 espectadores. Un éxito inesperado para una película muy peculiar que no tendría cabida en el circuito comercial y ha optado por un sistema de distribución alternativo y autogestionado.
Rodada en Compostela, en blanco y negro y en 16mm, “Encallados” es una comedia sobre el cine dentro del cine, centrada en el proceso creativo del guión, sobre la imposibilidad de hacer una película sobre la catástrofe del Prestige. Una mirada a nuestro cine y al contexto en que vivimos llena de honestidad, autocrítica, melancolía y humor.
En ella se cuenta cómo el traspiés financiero de la industria cinematográfica y un sistema de ayudas públicas poco operativo hacen que un director de cine tenga que reinventar el guión de un film sobre el Prestige en dos semanas. Entre él y dos reconocidos guionistas gallegos se sumergen en un proceso creativo que no parece ir a buen puerto. En el proceso de escritura tienen que lidiar con la presión del productor, las dificultades de escribir sin caer en tópicos y lo complicado de equilibrar la creatividad con las posibilidades reales de producción, hasta que se percatan de que el propio proceso creativo que están viviendo tiene entidad propia como historia.
Xúlio Abonjo interpreta al director, Alfonso Zarauza. Ricardo de Barreiro y Federico Pérez interpretan a los guionistas, Andy Mahía y Xosé Castro “Pato”. Y Farruco Castromán, productor de la película, se interpreta a sí mismo. La cinta cuenta con la colaboración especial en un cameo de Luis Tosar, actor y también productor de "Encallados" a través de su productora ZircoZine.
Tras su estreno en Madrid, la películs proseguirá su gira por distintas ciudades españolas y europeas y prepara su lanzamiento en VOD y DVD.
En noviembre el director Alfonso Zarauza estrenará en cines de toda España su otro longametraxe “Los fenómenos”, un drama rodado en Galicia sobre a crisis del sector de la construcción e inmobiliario, protagonizado por Lola Dueñas y Luis Tosar, que se presentó este año en el Festival de Málaga.
Grazas, Iria!
Iria Silvosa escribiunos hai unhas semanas ao correo electrónico porque quería ver Encallados na súa vila. Díxonos: «Xa tiven oportunidade de ver Encallados en Lugo e gustounos moito asi que me gustaría que no meu pobo, Vilalba, tamen tiveran oportunidade de disfrutala». E, logo de intercambiar un par de mensaxes máis, púxonos en contacto coa Comisión de Festas do San Ramón para que viramos con eles as posibilidades para unha proxección ao aire libre durante as patronais.
A proxección foi onte e resultou todo un éxito. Perto de 400 persoas se xuntaron na Praza da Constitución para ver Encallados, grazas á súa veciña Iria.
// <![CDATA[ (function(d, s, id) { var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0]; if (d.getElementById(id)) return; js = d.createElement(s); js.id = id; js.src = "//connect.facebook.net/en_US/all.js#xfbml=1"; fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs); }(document, 'script', 'facebook-jssdk')); // ]]>
Post by Iria Silvosa Peteira.
O menos que podiamos era regalarlle a Iria unha camiseta da peli. Os agradecidos somos nós, por ter fans coma ti que nos axudan a que a película poida chegar a calquera lugar onde haxa público que queira vela. E moitas grazas tamén á Comisión de Vilalba e ás de outras moitas vilas que, cada vez máis, apostan pola cultura e o cinema galego para o programa das súas festas.
Se ti es, coma Iria, fan da película e queres que se vexa na túa localidade, pois intentémolo, como fixo ela. Atendemos no Facebook, no Twitter e no correo [email protected].
Xúlio Abonjo, Federico Pérez, Alfonso Zarauza e Ricardo de Barreiro na estrea de Vigo.
Gustoume Encallados. Funciona extraordinariamente ben a varios niveis, dende o máis chusco a base de escatoloxía pura e dura ate a autorreflexividade máis arriscada. Cine consciente de si e das fisuras desa autoconsciencia. Funciona, tamén, porque lanza preguntas sobre a supervivencia do oficio de facer cine neste momento, nas circunstancias históricas, económicas, sociais e políticas actuais. E as súas preguntas sobre a condición particular que está a vivir o cinema traspasan o eido deste, están impregnadas da universalidade de todo o que está agora mesmo na corda frouxa, no borde do abismo. Tamén me interesa a posición respecto á lingua. O persoaxe que fai de director vive nunha posición camaleónica dende a cal fala un galego salpicado de castelanismos na presenza de galegofalantes e en castelán o resto do tempo. Todo isto envolve a cuestión central da peli: a da imposibilidade de facer unha película sobre o Prestige e como se moldea esta, como o fracaso non é a imposibilidade senón a deserción, a decisión de non enfrontarse ao feito en si. Hai dous minutos especialmente emocionantes que transcurren no silencio dun salón caseiro coa proxección desas imaxes que xa son parte doente da historia deste país e coas que seguimos sen saber que facer. Ficcionalizar o traumático ou deixar centos de horas de brutos sen editar, sen montar, sen exhibir. O momento no cal un dos guionistas confesa que querría dar outra imaxe do país e non esa do bar de Muxía no cal un grupo de mariscadores coreaban "outro máis, outro máis" tras coñecer os importes das subvencións pola parálise da súa actividade. Moitas capas entrelazadas entre si, vibrando entre a liviandade dos capítulos das teleseries da galega e a gravidade da catástrofe ecolóxica, cun Santiago de Compostela de fondo en branco e negro que funciona a modo de paisaxe existencialista, de territorio desolado, como se fose un retrato xenérico dun estado de ánimo abstracto escorado cara a unha sensación de fin de época, de peche de etapa histórica. Encántame a escea do persoaxe-director subido á súa bicicleta movéndose pola parte elevada da rúa San Francisco nun equilibrio precario que inquieta e fascina simultaneamente. A secuencia, tamén dun par de minutos, funciona como clímax liberador e practicamente como antítese do momento anterior de constatación da imposibilidade do relato da traxedia do Prestige. Ven sendo como unha sorte de metáfora da posibilidade de, pese a todo, seguir dicindo algo dende a posición do director, dende o lugar do habitante do planeta cultural, sabéndose fráxil, inestable, precario e falible. É fermosa e emocionante e parece resumir, apelando á simple experiencia sensorial do cinético, a necesidade imperiosa de non quedar parado laiándose, a obriga ética de seguir movéndose ainda que sexa no fío, de seguir dicindo malia os condicionantes e os perigos de caer e levar un golpe de consecuencias irreparabeis. O final, en forma de ladrillazo aos mecanismos que dotan de verosimilitude á ficción, provócame sentimentos encontrados: saúdo a brillantez das dúas ideas coas que remata, a perfección formal derivada da circularidade, pero, ao tempo, este xesto semella ir contra todo aquilo que foi denunciando e ridiculizando ao longo da súa metraxe, coma se a tentación do "final perfecto" fora demasido forte para ser eludida incluso nunha película autoconsciente das feblezas e fendas da ficción como esta.
Eloy García, espectador, no seu Facebook.
Este mércores comeza en Viveiro unha minixira de Encallados pola provincia de Lugo acompañando a exposición Nunca Máis, a rebelión dun pobo, que organiza a Deputación. As datas e lugares son as seguintes:
Viveiro | Conservatorio
Mércores 30 de xullo. 20h. Entrada de balde.
Mondoñedo | Sala de actos do Centro Comarcal
Mércores 13 de agosto. 20:30h. Entrada de balde.
Monforte | Casa da Cultura
Martes 19 de agosto. 20:30h. Entrada de balde.
Ribadeo | Auditorio municipal
Martes 26 de agosto. 20:30h. Entrada de balde.
Este xoves, Encallados preséntase en Vigo. Entradas xa á venda en Servinova.
A crítica de Grial Parga en El Progreso de Lugo.