Exame de setembro
CONTIDOS MÍNIMOS RECOLLIDOS NA PROGRAMACIÓN
* Produción de textos escritos de diferente tipoloxía (descricións, narracións...), atendendo as súas características formais e de acordo cos criterios de corrección ortográfica, acentual e puntual esixíbeis neste nivel.
* Recoñecemento das características dos xéneros literarios (narrativa, lírica e dramática) e das peculiaridades da lingua literaria.
* Recoñecemento das clases de palabras semántica e formalmente.
* Identificación das ideas clave e xerarquización da información máis relevante dun texto.
* Coñecemento xeral da situación da lingua galega, como lingua propia de Galicia; e do plurilingüismo como un reflexo da diversidade cultural.
* Demostración de ter lido os libros de lectura obrigatoria marcados para o curso.
MATERIAIS NA REDE QUE SE RECOMENDA REVISAR
Ademais do libro de texto e as fotocopias empregadas durante o curso, será preciso repasar os seguintes materiais:
As palabras clave
Tema e resumo
O texto literario
A narración
Os textos poéticos
As figuras literarias
O texto instrutivo
Descrición de persoas e mais de espazos
O correo electrónico
O substantivo e Revisión do xénero
O adxectivo
O pronome persoal
O verbo
Para o exame da unidade 1
E, por suposto, deberíanse practicar de novo os contidos das secuencias do espazo de traballo do 3º trimestre, especialmente os referidos á cohesión e os pronomes e mais á banda deseñada e o verbo.
CADERNO DE ACTIVIDADES
Podes realizar e entregar esta serie de actividades sobre textos ou ben estoutra.
MODELO DE EXAME
Exemplo.












