As vandalas, suevas e alanas do grupo Pombas e Añas queremos reivindicar hoxe a acción cultural levada a cabo nos grises, sosos e publicitarios muros ribadenses co fin de embelecer este nucleo mariñan ó tapar con cadros prerrafaelitas os vacios ladrillos dos mesmos, nestas horas próximas á chegada dos restos do Ophelia, e baixo unha abafante calor os ribadenses poden disfrutar de tres diferentes Ophelias shakesperanas:
- Un estudio de Hamlet e Ofelia de Dante Gabriel Rossetti.
- Ofelia nos momentos previos á pérdida total da cordura, de Watherhaouse.
- Ofelia no río, de Millais.
Respecto ó cadro de Watherhouse é necesario mencionar que en realidade leva por título Gather ye rosebuds while ye may, o primeiro verso do poema: To the Virgins, to make much of Time, de Robert Herrick; esta composición tamén é ofrecida na súa versión en galego por Pombas E Añas ó carón dos cadros, e é precisamente a obra que nos permite enlazar a chegada do furacan Ophelia (en curioso camiño ás illas britanicas) con estas semanas previas á celebración do samaín, pois estamos ante o tópico literario do Tempus Fugit ( ou Carpe Diem).












