A primeira edición de «Ostalgia» esgotouse en moi pouco tempo. Como dende hai meses chegan correos preguntando se aínda quedan exemplares e para celebrar os recentes recoñecementos do libro nos D&AD Awards e o Premio ao mellor libro de fotografía do ano en categoría nacional en PHotoEspaña 2014, decidimos con Simona Rota publicar unha segunda edición limitada de 100 exemplares para todas as persoas que aínda poidan estar interesadas. Estes 100 exemplares serán os últimos exemplares que sairán á venda. As características de impresión do libro fan moi complexo pensar nunha reimpresión futura.
A segunda edición realizarase aproveitando un stock de libros que quedaron sen encadernar e non estará asinada pola autora. O prezo de venda será o mesmo que o da primeira edición (25 €).
Nun prazo aproximado de dúas semanas comezaremos a facer os envíos. Se estás interesado en reservar un exemplar envíanos un correo a [email protected] cos teus datos persoais e contactaremos contigo unha vez que o libro estea listo para ser enviado.
Nos próximos días iremos compartindo máis información e o teremos tamén á venda na web de Fabulatorio.








