Simona Rota, Big exit, 2012
seen from Netherlands

seen from United States

seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from China

seen from France
seen from United States
seen from China

seen from Kazakhstan
seen from United States

seen from Kazakhstan

seen from Japan

seen from Japan

seen from Malaysia

seen from United States

seen from Germany
seen from United States

seen from United States
seen from Italy
Simona Rota, Big exit, 2012
From “Ostalgia”
by Simona Rota
Foi no festival Internacional SCAN Tarragona cando a fotógrafa Simona Rota se atopou co’A Casa do Oscar de Luís Díaz Díaz, o primeiro fotolibro que editamos, deseñamos e publicamos en Fabulatorio. Meses despois deste encontro, recibimos un correo seu; Simona apostaba por nós, unha editorial descoñecida, cun só título publicado, para converter en libro a serie fotográfica Ostalgia: un traballo de dous anos nos que retratou edificos, monumentos e paisaxes das antigas repúblicas soviéticas.
O libro Ostalgia ideouse entre Lubre (Bergondo, A Coruña), Guntín (Gondomar, Pontevedra) e Madrid, en conversacións por videoconferencia e correos electrónicos. Simona sempre tivo claro que un libro de fotografía non é un soporte para reproducir fielmente un traballo fotográfico, senón un lugar con normas propias onde contar unha historia. Ostalgia imprimiuse na rotativa de Galicia editorial e converteuse en libro na encadernadora Legatoria, onde foi cosido con Singer e entapado en coiro reciclado. Publicouse no 2013 coa colaboración da Sala Kursala da Universidade de Cádiz e foi recoñecido con Premio al Mejor Libro de Fotografía Nacional PhotoEspaña 2014 e co premio In Book Entire Books dos Design & Art Direction Awards (D&AD Awards) 2014. O International Center of Photography (ICO) de Nova York incluíuno na listaxe dos dez mellores libros de fotografía do 2014.
Durante este proceso e despois del, Simona Rota estivo a fotografar nas Illas Canarias, o seu lugar de residencia durante uns anos. Fíxoo cunha mirada semellante á de Ostalgia, seguindo a explorar a relación de ida e volta entre o ser humano e o territorio que habita, modifica e constrúe. Estas imaxes conformarían a serie Instant Village, na que Simona contrapón os lugares —e o imaxinario— da publicidade turística co proceso transformador do territorio que esta actividade económica implica. Instant Village trasloce o modelo económico como único responsable da forma que toma o construído.
Seis anos despois de Ostalgia, traballamos xuntos de novo para dar forma de libro a Instant Village. Demos nunha publicación con formato 165 x 224 mm cunha extensión de 102 páxinas e cun texto de Simona en castelán e inglés. Voltamos a utilizar a rotativa como método de impresión «instant» pero, nesta ocasión, o xornal serve coma prego de impresión para converter as súas páxinas en cadernos cosidos que se alternan con dípticos de cartulina gofrada e, así, poder contrapoñer o que se poderían chamar postais e antipostais da serie. A tripa vai protexida cunha tapa dura coa intención de opoñer o instantáneo e o perdurable. Experimentamos cos procesos de produción para que a forma da publicación esté ao servizo da historia e ao servizo da persoa que goza da mesma.
Máis información sobre o libro Instant Village aquí
Giorgi Chakhava & Zurab Jalaghania & Temur Tkhilava eng. | Soviet Ministry of Roads (Bank of Georgia headquarters - since 2007 ), 1975 Tbilisi.
Photo Simona Rota
“I don’t know if photography can be conceived independently of the manipulation, as making photographs implies making frames, which mean cutting inside a wider view.
From the point that there is a glass between the human eye and the world that shows in front of that eye, we don’t talk anymore about reality but about representation. The manipulation starts there, in the origin of the photograph, in the glass that separate us from reality and that offers an image in which are blended in the same plane all the dimensions of the world.”
Interview here
Simona Rota
Moi bo día onte na inauguración de «Edita: secuencia/sentido» no CGAC comisariada por Miguel von Hafe. Felices de cadrar e atopar moi bos amigos e de facer outros novos da outra beira da raia. Afortunados de coñecer, aprender e compartir mostra con Pierre von Kleist e Ghost, ademais dos moi queridos Tono Arias, Xosé Lois Gutiérrez Faílde e David Barreiro de Dispara Books. Gratitude inmensa a Miguel von Hafe por promover esta exposición e aos «nosos» benqueridos autores por acompañarnos nesto incerto pero fermoso traballo de facer libros: Luis Díaz Díaz, Simona Rota, Tono Mejuto, Jesús Madriñán e Reinaldo Loureiro.
(via Simona Rota PHOTOGRAPHY: OSTALGIA)
A primeira edición de «Ostalgia» esgotouse en moi pouco tempo. Como dende hai meses chegan correos preguntando se aínda quedan exemplares e para celebrar os recentes recoñecementos do libro nos D&AD Awards e o Premio ao mellor libro de fotografía do ano en categoría nacional en PHotoEspaña 2014, decidimos con Simona Rota publicar unha segunda edición limitada de 100 exemplares para todas as persoas que aínda poidan estar interesadas. Estes 100 exemplares serán os últimos exemplares que sairán á venda. As características de impresión do libro fan moi complexo pensar nunha reimpresión futura.
A segunda edición realizarase aproveitando un stock de libros que quedaron sen encadernar e non estará asinada pola autora. O prezo de venda será o mesmo que o da primeira edición (25 €).
Nun prazo aproximado de dúas semanas comezaremos a facer os envíos. Se estás interesado en reservar un exemplar envíanos un correo a [email protected] cos teus datos persoais e contactaremos contigo unha vez que o libro estea listo para ser enviado.
Nos próximos días iremos compartindo máis información e o teremos tamén á venda na web de Fabulatorio.