Quen mo diría... Ás veces, cando imos coa intención de atopar ese documento que tanto necesitamos, e comezamos a rebuscar en todas as moreas de papeis que temos á man... Aparecen cousas que xa se daban por perdidas, por esquecidas, que te fan voltar atrás, cara un mundo cheo de recordos e bos momentos, nos que todo era da cor de rosa... Imaxes e gravacións nas que contemplas o teu avance ó longo do tempo, e neste caso concreto, ó longo de 6 anos, que te fan reflexionar por qué segues insistindo e por qué nunca o deixarás de lado. Non hai nada imposíbel, só difícil de conseguir. 🎶😄 #ManolinhoPercuta #TheLatinMan #MemoriasDunNenoDaVila #AquelesTempos (en Auditorio De O Carballiño)












