Si o noso pobo morre quedámonos sin patria.
Celso Emilio Ferreiro
seen from United Kingdom

seen from Libya
seen from China
seen from Yemen
seen from Japan
seen from United Kingdom
seen from United States
seen from United States

seen from Argentina

seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from Iraq

seen from Netherlands
seen from Türkiye
seen from United States
seen from Saudi Arabia

seen from United States

seen from United States
Si o noso pobo morre quedámonos sin patria.
Celso Emilio Ferreiro
Xa non te quero, abril, camelia murcha sobre as ondas de un mar de escumas lenes. Agora o meu amor ten outro nome e búleme no sangue coma un berro que sin acougo bule, baixa, rube.
(¡Qué sede infinda teño nestas fondas feridas dos meus pulsos!)
Xa non te quero, abril, sombra de un tempo que no tempo morréu e que me chama cun nome que n-é meu, que non entendo, de sílabas espidas que mergullan o lévedo cansancio que me abrangue.
Un nome que n-é meu. Sinto xenreira de aquela mocedade, de aquil sono que vai sobre o meu lombo coma un saco de froles podrecendo.
Celso Emilio Ferreiro, «Primavera inútil», en O soño sulagado
Eu xa te busquei cando o mundo era unha pedra intaita. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba.
[...]
Cando o silenzo chamaba polas verbas, eu xa te chamaba.
Celso Emilio Ferreiro, «Eu en ti», en O soño sulagado
//O meu reinado// -Labregos do Tempo dos Sputniks-
derradeira vontade de Fuco Buxán
Detrás de cada home
está oubeando un lobo.
Un lobo que te come
e ten comesto ó pobo.
Canto pode sofrirse
telo xa ben sofrido
pro non hai que abatirse
nin darse por vencido.
Canto pode chorarse,
telo xa ben chorado
pro non hai que calarse,
nin sentirse abafado.
Canto pode perderse,
telo xa ben perdido.
Pro non hai que doerse
nin rosmar un laÃdo.
Podes todo ganalo
si despertas e loitas.
Co corazón che falo
galego que me escoitas.
A túa hora é esta:
colle a fouce, meu pobo
ergue a testa, protesta,
e dempóis mata o lobo.
Celso EmÃlio Ferreiro
espranza
Ergueremo-la espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa.
Marcharemos cinguidos
polos duros segredos
dunha patria soñada
á que non voltaremos.
Non sabrán o camiño
que pra entón colleremos.
Longos ríos de brétema,
longos mares de tempo.
Tripulantes insomnes
na libertá creemos.
Viva, viva, decimos
aos que están no desterro
e soñan cun abrente
de bandeiras ao vento.
Adictos da saudade
que levades a luz polos vieiros.
¡Saúde a todos,
compañeiros!
Celso Emílio Ferreiro
Irmaus
Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos. Pero tí, que te alcontras alá lonxe, máis alá dos desertos e dos lagos, máis alá das sabanas e das illas, coma un irmáu che falo. Si é túa a miña noite, si choran os meus ollos o teu pranto, si os nosos berros son igoales, coma un irmáu che falo. Anque as nosas palabras sean distintas, e ti negro i eu branco, si temos semellantes as feridas, coma un irmáu che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, si os nosos soños son igoales, coma un irmáu che falo. Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmáu che falo.
Celso Emilio Ferreiro
a poesía é verdade
Un procura a verdade
por tódolos camiños, baixo as pedras,
nas raigames escuras das olladas,
máis alá das escumas i os solpores.
Busco a verdade en tí, rexa poesía
dos homes que labouran,
tacto real das cousas
que están e son, anque ninguén as vexa.
Home total,
que vas e vés sin sombra polas rúas
e tes a túa verdade nos curutos
do mundo, no profundo da historia,
na esperiencia de un día calisquera,
e non ves os paxaros nin as nubes
nin as lonxíncoas maus do vento dondo
que acariñan o mundo dende sempre.
Investiga a verdade do teu tempo
i alcontrarás a túa poesía.
Celso Emílio Ferreiro