when a teenager takes lsd at a party they have the time of their life, but when i, a post-war french peasant-

seen from Malaysia
seen from China

seen from Russia
seen from Sweden

seen from Sweden
seen from United Kingdom

seen from Malaysia
seen from Germany

seen from Malaysia
seen from T1
seen from United States

seen from Germany
seen from Germany
seen from Malaysia
seen from Australia
seen from China

seen from Germany

seen from Malaysia
seen from China

seen from Italy
when a teenager takes lsd at a party they have the time of their life, but when i, a post-war french peasant-
https://soundcloud.com/chockpsyslp/chock-claviceps-purpurea-original-mix
De bacterias e guerras
Onte tiven que parar unha conspiración. Foi un momento complicado porque aínda cando se sabe que se está a actuar da maneira correcta, as veces hai que tomar decisións difíciles como foi o caso. E foi complicado porque nunca é agradable ter que deter e actuar contra aqueles que nalgúns momentos estiveron do teu lado, pero cando se actúa en aras dun beneficio meirande hai que facer o que hai que facer. Gobernar coma Deus manda implica sacrificios e decisións difíciles.
A verdade é que levaba un tempo a sospeitar, ca mosca detrás da orella, intentando descifra-las medias verbas, as medias conversas que trocaban de tema cada vez que me oían achegar polo corredor: “Veña oh! Que non a de ser a primeira vez que o fagamos! So que esta quenda seremos nos quen diríxamo-la partida!. -Chus!! que ven alguén!. -Xa esta ben de tanto abuso!. -Que caledes!!!”... E así día tras día, conversa tras conversa. E así día tras día.
“Veña o que todo o mundo pensa que isto o inventou George Bush e leva séculos a se facer!. Xa antes de Cristo perdera a sandalia andaban os Asirios a voltas co Claviceps purpurea”. Aquí empecei a poñe-la orella con máis atención, porque este fungo é o que causa o caruncho do centeo. Se a planta está contaminada, cando se come o gran aparece unha enfermidade chamada ergotismo, tamén chamada febre de San Antón. A partir das micotoxinas illadas deste fungo, obtívose o LSD. Na Idade Media o único remedio que se coñecía para as febres de San Antón era a peregrinación os Mosteiros de San Antonio . A verdade era que curaban porque deixaban de toma-lo pan de centeo e os monxes do mosteiro de Castrojeriz lles daban pan de trigo. Ai!! Eses santos milagreiros!.
“Lembrade a Gengis Khan!. - Aquel si que era un guerreiro!. -Un estratego!.! - Si, aquelas si que eran batallas! -Eranche outros tempos!. - O que pasa que o final o pobre fóiselle das mans o asunto é nin conquistou todo o que quixo, e a estratexia falloulle nalgún punto!. - Entón o que temos que facer é aprender dos erros do pasado e facelo mellor a próxima.” Raios! O dia seguinte estaban a falar dos mongois e do posible orixe da Peste Bubónica (ou peste negra) en Europa na idade Media. Se lembrades xa falamos por aquí de que esta peste provocou un descenso moi elevado na poboación europea xa que se estendeu coma a pólvora ó longo de todo o continente porque as condicións de hixiene nin de saúde da poboación eran axeitadas. A maior parte das infeccións tiveron o seu orixe na bacteria Yersinia pestis. E haiche dúas teorías acerca do orixe da epidemia: por un lado, culpouse os xudeus, que foi a teoría que máis adeptos gañou na época por varias razóns: por un lado, non se lles tiña moito cariño en xeral, e por outro, era necesario buscar un culpable rápido para as clases sociais máis pobres sen que estas se desen contan das miserias nas que vivían!. E por outro, aproveitando que o río levaba auga, erache tamén unha maneira moi doada de se desfacer dun grupo social que tiña os nobres pillados polas débedas. E dicir, aproveitando unha crise, botémoslle a culpa a un grupo social que viviu por riba das súas posibilidades, e tróquemo-lo modelo social, eliminando de paso o problema das débedas. Redondo!. A outra teoría, que cada día gaña máis adeptos e probas, di que o orixe haino que buscar no asedio a poboación de Caffa no século XIV polos mongois. Estes anxeliños collían os cadáveres infectados, colocábanos nunha catapulta, e lanzábanos dentro dos muros da cidade. Imaxinade as condicións nas que se podían atopar as cidades despois dun tempo de asedio e veredes o efecto contaxio. A versión menos bruta consistía en tirar soamente a roupa e pertenzas dos infectados, pero viron que isto era menos efectivo. Como nos asedios sempre había algún que conseguía escapar, este era o encargado de ir transmitindo a enfermidade de cidade en cidade. Logo raios, que estaban a planear?.
“- E lembrades o de Lord Amherst cos nativos americanos? -Ah! Si xa nos lembramos! Aquelo que limos fai un tempo no Circo de Bacterias de Praza de como os infectaron para sometelos!!. - Pero que cabrón era!.”.
“- O que está claro é que temos que estar todas xuntas nisto!”. Logo estaba claro, estaban a se organizar, e buscando información.
“-Deberiamos revisa-los avances que fixeron sobre usarnos coma armas biolóxicas no século XX. -Uff! Iso pode levarnos moito tempo. -É logo?. -Buff! Nese século fíxose de case todo. Ata hai quen di que os xaponeses durante a II Guerra Mundial, fumigaron con pulgas á poboación china. -Eh? -Si, e cas pulgas infectadas ca peste!!!”. Logo xa estaba claro!. E aínda por riba tiñan boas fontes porque no século XX fíxose de case todo. Por exemplo, espalla-la bacteria Burkholderia mallei nas cortes onde o exercito inimigo gardaba os seus cabalos durante a I Guerra Mundial. O curioso destes ataques é que os fixeron tanto dun lado coma doutro, os alemáns, os americanos, os fineses. Esta bacteria provoca neumonía nos animais e por suposto daquela eran unhas baixas moi sensibles para os exércitos. Tamén foi neste século cando as cabezas pensantes dos exércitos decidiron que era moito mellor face-las probas en humanos, empregando os prisioneiros de guerra, que as ratas do laboratorio. E ó igual que aconteceu coa pneumonía equina, aquí ningún pode tira-la primeira pedra: alemáns nos campos de concentracións, xaponeses coa poboación china, estadounidenses durante os experimentos da Guerra de Corea,...
“-É o antrax, non esqueza-lo antrax. -Estou cavilando – dixo unha delas – que isto debe ser o que chaman Ciencia Aplicada. - JAJAJAJAJAJAJA”... Xa non escoitei máis; decidín intervir; subín uns grados a estufa para atontalas e aproveitei para reducilas e chamar a autoridade competente.
Antes de que as detiveran non me puiden resistir a preguntar: Por que?. Non vedes que tódalas medidas son polo voso ben, que non é culpa nosa, que non hai medios nas Universidades, pero non porque nos recorten... Non.. Eche pola herdanza!!. Riron e dixeron que xa empezaban a estar fartas! Que era necesario protestar! Que a xente estaba a empezar a espertar! O final tiven que explicarlles que tiñan que actuar coma os seus avós, que traballaban máis e calaban!. Non lles gustou e agora creo que seguirán a intentalo.
Aínda que algúns lles guste máis o lema do Rei Sol: “Todo para o pobo pero sen o pobo”; un revolucionario francés dixo: “Cando o pobo se une, aquí poden caer cabezas”.
Patricia Veiga-Crespo
@pvcrespo
Enrique Laval R. (2004). «Sobre las epidemias del fuego de San Antonio». Revista chilena de infectología (Santiago) 21 (1): pp. 74-76
Antoni Virgili http://www.nationalgeographic.com.es/articulo/historia/grandes_reportajes/7280/peste_negra_epidemia_mas_mortifera.html
This fungus (Claviceps sp) produces the alkaloid ergotamine, the precursor of LSD.
http://honda.com