Cando os fillos son a escusa para mercar cousas (III)
Xa sabedes que de cando en vez me gusta publicar entradas sobre cousas que me encantaría que tivese Violeta polo simple pracer de que estivesen na casa. Algo así como non-as-quero-para-min pero molan tanto que, dalgún xeito, teño que telas cerca.
Pois ben, aquí vai a terceira entrega desta serie. Se queredes repasar as anteriores, clic e re-clic.
Para empezar, que tal unha máquina para facer dónuts mini? Encántanme os dónuts, aínda que a miña enfermidade me prive de comelos. Vale que os hai sen glute pero, certamente, non son o mesmo. Gústanme tanto que a xente que me coñece xa sabe que a miña última vontade, cando estea no meu leito de morte, será comerme unha empanada de chocos e unha caixa de donuts enteira. Total, se xa vou morrer… Como diría a miña nai, «Morra Marta, morra farta».
Polo visto, a Donut Factory fai 30 donuts en 90 segundos. Non é isto o Paraíso???!!!
Casa de cartón para pintar de Feber. A min esta idea paréceme chulísima. De feito, vin unha en directo no aniversario da miña sobriña e os nenos (e os non tan nenos) pasárono bomba. É unha casiña de campo con todo o que ten que ter unha casiña de campo: as súas árbores, os seus paxaros, as súas bolboretas, o seu can, o seu valado…Móntase sen necesidade de tesoiras nin pegamento e inclúe rotuladores, ceras, pinceis, regra, pegatinas… Vamos, un xoguete do máis ecolóxico que mola todo.
Hai xa meses que vos recomendei o pasamontañas con barba como alternativa a aqueles horrendos que nos mandaban levar os nosos pais ao colexio aos nenos da miña xeración. Pois ben, agora que as barbas están tan de moda que os que a levamos xa somos de todo menos modernos, que mellor que deixarte ver cun pasamontañas de cabaleiro...
Ademais, hai versión fillo e versión papá. (Visto en boredpanda).
Houbo un tempo no que todo o que fosen trofeos de caza nos parecía horrible. Hoxe en día cambiou o moda e as reproducións de cabezas de animais pendurados das paredes dos cuartos infantís (ou de toda a casa) son kitsch. E digo eu, que será o próximo? Animais disecados mediante taxidermia? Sen poñernos dramáticos, que tampouco se trata diso, son ben chulos estes colgadoiros de Zara Home con forma de cabeza de elefante e de xirafa (aínda que na web só aparezan estes dous, nunha visita a unha das tendas tamén vin un cervo e un rinoceronte, e tamén en branco e azul).
E falando de pendurar cousas, tamén son ben bonitas estas perchas en forma de nube de Lark, tremendamente útiles cando a túa filla ten tantísima roupa que xa non lle cabe no roupeiro ou, tamén, cando non tes tempo de recoller pero tampouco queres deixar todo por aí ciscado.
E xa paro, non sen antes comentarvos que hoxe é o meu aniversario, por aquilo de se vos apetece facerme un destes regaliños… Tamén acepto felicitacións pero onde estea un agasallo que se quiten todos os parabéns… 8D