"Camino de Santiago foi unha das coleccións que viron a luz dentro da editorial Nova fundada por Luis Seoane e Arturo Cuadrado en 1942. Centrada en obras de carácter histórico, narrativa e ensaio, nesta serie aparecerían títulos de autores como Otero Pedrayo, Nóvoa Santos, Manuel Murguía, Concepción Arenal, Rodríguez del Padrón e outros. Seoane encargaríase do deseño da marca tipográfica da colección e das cubertas dos volumes, que destacan pola utilización que o artista fai da cor e por unha estudada distribución dos elementos ao redor dunha viñeta central, que permiten identificar con craridade o título, o nome do autor, a editorial e a colección."
- Imagen e texto do arquivo da Fundación Luis Seoane









