Santiago Paredes é un ilustrador afincado en Pontevedra cun estilo moi personal. Cunha estética retro, este rapaz posee unha técnica basada nas formas de animais mesturadas con persoas, creando unha simbiose entre natureza e humanidade con moita personalidade e cun estilo único. Estudou Bellas Artes na cidade de Pontevedra e actualmente está sumerxido en diversos proxectos como creación de carteis para concertos, logotipos e tamén colaborador en fanzines de ilustración como por exemplo Firecream. Conta tamén co seu propio, que lle serve de expositor dos seus traballos. Chámase Kakalake e podedes mercalo en La casa Winchester, en Pontevedra.
Ademáis, é un artista multidisciplinar, que combina a súa paixón polo debuxo coa música, tocando en dúas bandas ao mesmo tempo: Pedrito y los Calaveras e Thee Tumbitas, rock and roll de verdade para os vosos oídos.
Podedes atopar máis dos seus traballos a través da súa páxina de Facebook e o seu blog. A qué agardades para botarlle unha ollada?












