Pois a gatiña misteriosa chámase Raba! Apareceu nun garaxe en Durmideiras. Estaba en moi mal estado, temíamos que non saíse adiante. Pero tras tres días ingresada no vete con fluídoterapia, antibióticos, boa comida, calor e mimos foi mellorando moito. Agora está en coidados intensivos na casa dunha voluntaria. Ten o rabo seco debido a unha lesión na base e é posible que precise operarse. Tamén ten unha fractura antiga nunha pata, xa con callo, que valoraremos tratar nun futuro, porque o principal nestes momentos é que se recupere dunha infección respiratoria que sofre. É unha gata moi moi mimosa e sociable e cando estea recuperada buscarémoslle familia. Mandádelle ánimo á nosa amiga Raba para que se poña ben pronto! #Gatuchinhos #Raba #gatuchinha #coidadosintensivos #ánimo #vaisepoñerboa #tuxedocats #Coruña #Acoruña (at A Coruña, Spain) https://www.instagram.com/p/CL6u6LIjPt3/?igshid=p71t2er82gd7














