Cinco lugares onde a natureza trócase en maxia
A maxia da natureza non deixa de sorprendernos cada día. Desde a transformación gota a gota das máis duras rochas, o renacer anual da adormecida vexetación ó chegar a primavera ata a riqueza dos oasis no medio dos máis inhóspitos e calurosos desertos.
Tal é a riqueza da nai natureza que non hai lugar no mundo no que non exista algunha maravilla máis propia do eido da imaxinación onírica que da realidade máis mundana. Eiquí están reunidos soamente cinco exemplos.
O esquecemento do home non foi un escollo para que a natureza convertese un vello e morto tramo ferroviario nun dos lugares máis románticos de Ucraína e de todo o continente europeo, o túnel do amor. Situado preto da cidade de Kevlan, pero o suficientemente lonxe como para que as parellas de namorados teñan o seu propio espazo de intimidade. A vexetación rodeu por completo ás liñas de metal, creando un túnel máxico e bucólico, cheo de incontables tons verdes e flores, símbolo do amor universal.
Covas de xeo de Mendehall:
A natureza virxe de Alaska cautivou a centos de escritores e viaxeiros, entre os que destaca o aventureiro Jack London. Entre as súas montañas atópase o glaciar Mendenhall, de 19 quilómetros de lonxitude e situado ó sudeste do país, preto da cidade de Juneau. A maxestuosidade deste glaciar reside, ademáis de no seu tamaño, nunha das súas covas xeadas. Gracias á luz solar, o seu interior é completamente azul, deixando unha vista máis propia doutros planetas que do Círculo Polar Ártico.
Praia Vermella de Panjin:
A milenaria riqueza chinesa tamén ten que ver coa súa paisaxe. Nun país tan grande, a natureza está representada en case todas as versións existentes. O sur tropical, cheo de bosques de bambú, fogar dos osos panda, o seco deserto do Gobi, as case inalcanzables cimas do Himalaia ou a riqueza dos seus mares e ríos, como o Yang-Tsé. Dentro deste amplo abanel atópase a praia de Panjin, no delta do río Liao. Destino migratorio de 236 especies de aves, entre os meses de abril e maio comeza a brotar unha especie local da alga "sargadiña mariña" que, ó chegar o outono, tínguese de vermello, creando unha paisaxe única para a vista.
O continente africano é un dos territorios máis esquecidos para o turismo. As causas teñen que ver coa gran inestabilidade política, que converte ós seus territorios en moi perigosos, debido ós grupos paramilitares, señores da guerra e bandas organizadas. A oferta turística está reservada a poucos países e limitadas experiencias. Pero iso non impide que a natureza volva pór o seu gran de area para crear outra nova maravilla. Trátase do lago Retba, no Senegal, un lago dunha intensa cor rosácea, debido a súa alta concentración en sal. Os pescadores locais navegan a diario para recoller este mineral.
Aínda que está considerado como o deserto máis árido do planeta, neste territorio chileno dáse un fenómeno que non moitos crerán ata velo polos seus propios ollos. Nos meses de setembro e novembro, a escasa auga de chuvia fai que as milleiros de sementes en estado latente xermen, creando un manto multicolor de máis de 200 especies de flores. Un espectáculo máis propio dun clima non tan extremo. Pero esta maravilla estase vendo afectada polas carreiras do Rally París-Dakar, que nos últimos anos estase a celebrar por terras sudamericanas, así como polo inxente número de turistas, polo que o Goberno chileno estableceu unha serie de restriccións, prohibicións e serias multas para limitar o dano.