Hoxe, 12 de maio, data de pasamento de Emilia Pardo Bazán, asistimos ao acto de lectura organizado pola Real Academia Galega polo seu centenario. Ademais no mesmo fixemos entrega dos premios e certificados do I certame de relato breve "A Erbeda" #aerbeda aos premiados: Carolina García (categoría A) e a Miguel Fernández Rey (categoría B). As entidades que colaboraron no premio foron a propia @realacademiagalega, ás librerías @moitoconto e #libreriaxiada , así como Concello da Coruña @coruna_gal. Agradecemos tamén a participación e labor do xurado composto por Javier Pintor @jjavierpintor , Fernando Ontañón @fernandoontanon ,Ana Santomé @anaysergei e Álvaro Pérez @alvaro_benedicto Este premio naceu como un acto de recuperación da toponimia literaria "A Erbeda" referida ao lugar e aldea de #Palavea na obra de Pardo Bazán por parte da nosa asociación vecinal "Os nosos lares" @avpalavea . O proxecto ten tamén unha lóxica dimensión dinamizadora ao animar e estimular á escritura e a lectura en galego a todos os participantes, así como promover o traballo das librarías locais. Grazas o éxito desta primeira edición, a participación e acollida que tivo daremos continuidade á nosa proposta e teremos unha próxima edición. Enlace: https://academia.gal/-/a-rag-e-o-ccg-ponen-na-rede-156-cartas-de-emilia-pardo-bazan?redirect=%2Finicio #aerbeda #osnososlares #osnososlarescoacultura #emiliapardobazán #donaemilia #epb100 #realacademiagalega #certameliterario #relatobreve #premio #acoruña #marineda #coruñamola #acoruñamola #coruñea #moitoconto #libreriaxiada #literatura (en Real Academia Gallega) https://www.instagram.com/p/COx3xuvjzrI/?igshid=1cdm18jkyst1z









