Mérito de Martín Fernández
seen from United States
seen from China
seen from China
seen from Germany
seen from United States

seen from United States

seen from United States

seen from United Kingdom
seen from Germany
seen from United States
seen from Kenya
seen from United States

seen from Paraguay
seen from Germany
seen from Germany
seen from Canada
seen from Singapore
seen from United States

seen from Argentina
seen from United States
Mérito de Martín Fernández
A parvadaza do día
Mérito de Martín Fernández
Estaría fortote
La #historia ha demostrado que al final de los #CiclosHistoricos aparecen esas #SociedadesDecadentes integradas por #cabezashuecas, #inmediatistas, #superficiales y #hedonistas . Mas que sociedades son #cardúmenes #parvadas #manadas
5 claves para ser un bo Gurú de Internet
Canto se ten falado dos Gurús de Internet! A eles adicáronselles ducias de libros, milleiros de posts en blogs e non se sabe cantos eventos. Se queredes convertirvos nun deles, deberedes seguir estes cinco pasos (ollo! todos e cada un deles). Preparados? Imos aló.
Para ser Gurú de Internet tes que ter as mans pequenas. Non hai gurú que non critique a Samsung Galaxy Note, non porque non lles guste ou non lles pareza útil, que si (a pesar de levar Android), pero resulta demasiado armatroste nas súas mans. Por iso preferían os antigos iPhone coas súas 3,5 polgadas (o tamaño ideal), aínda que moitos evolucionaron e xa empezan a aceptar as – endiañadas – 4, un estándar na meirande parte dos smartphones.
Tamén debes ter Twitter, pero tes que ser un dos 50.000 primeiros usuarios rexistrados. Demasiado tarde? Pasou o teu tren, podes deixar de ler isto. Cumpres o requisito? Nese caso debes adoptar unha actitude superior, non respostar con asiduidade a quen te menciona (plebeos!), sobre todo cando soltas algunha barbaridade ou dato sen contrastar e alguén ten a ousadía de che cuestionar publicamente (que atrevemento!).
A túa máxima será criticar Google+. Dá igual o motivo, é de Google e Google é malo. Facer a broma de “entrei e non había ninguén” puntúa o dobre. Es consciente de queGoogle+ non é unha rede social pero ti es un gurú e claro, quen mellor que ti para saber o que é ou deixa de ser unha cousa? Vai saber máis quen creou o produto? É que algunha vez estiveches equivocado?
Deberás ir a canto evento de social media haxa, pero como poñente, claro. Aló relacionaraste unicamente con outros gurús, ao fin e ao cabo, estas citas son para iso, non? Deberás non esquecerte de compartir fotos do bonito que é o teu hotel e do moito e ben que comiches, se é en Instagram, mellor, porque #acepta #moitos #hashtags. Ao acabar a túa presentación farás RT de todas aquelas mensaxes nas que se diga o ben que o fixeches.
De cando en vez presumirás de que unha empresa che ofreceu unha cantidade importante de euros por poñer unha mensaxe promocional nos teus perfís sociais. Por suposto, dirás que renunciaches. Porén, debes ter moito ollo e non caer na tentación de twittear o regalo que che fai a empresa amiga, non sexa que haxa algún espabilado que sospeite da túa parcialidade.
E ti, tes as mans pequenas?
PS: Léase con humor
Arguiñano: UNO DI NOI.