seen from China

seen from Singapore
seen from Argentina

seen from United States

seen from United States
seen from United States

seen from United States

seen from T1

seen from T1

seen from Singapore
seen from China
seen from Malaysia

seen from Russia

seen from United States
seen from China

seen from Germany
seen from United States
seen from China
seen from United States

seen from China
Los montes del sur de Pontevedra acogen 17 gymkanas nocturnas desde hoy hasta el próximo 24 de septiembre
Josefa da Lama, medallista olímpica en Helsinqui 1952. Nin sequera un Torakka pode con ela. A que tivo, retivo.
O RASTREXADOR DE ÚLTIMA XERACIÓN
Ata hai pouco tempo, antes de que os rastrexos fosen tan populares, os que participabamos faciámolo equipados coa roupa de andar pola casa. Uns vaqueiros, unha camiseta e uns zapatos eran suficiente indumentaria para botarse ao monte, sen esquecernos do accesorio máis importante para vencer á escuridade, a lanterna de petaca (a típica Cegasa de fai vinte anos). Os máis pros non se arriscaban e no seu caso apostaban por un conxunto máis deportivo, composto de tenis, chándal e suadoiro.
Actualmente, neste ámbito evolucionouse bastante, quedan poucos que luzan algunha destas indumentarias do pasado, xa que a maioría aspira a converterse nun auténtico rastreator.
Así pois, cales son esas pezas e complementos que vos converterán definitivamente en rastrexadores de última xeración? Imos analizalos.
Camiseta: Desde logo, esta é unha peza moi importante porque consegue dar uniformidade e imaxe de equipo. Esquecervos das camisetas de algodón que regalan co Cola Cao... deberedes facervos cunha camiseta técnica en grao sumo avanzado, tipo Dri-Fit, Climacool, ForMotion, ClimaLite... e, por suposto, serigrafiada co nome ou o símbolo do equipo.
Mallas: Imprescindibles! Quen non se enfunde nunhas nunca será un rastreator. O tecido resistente das mallas permítevos manter as pernas protexidas de toxos e cardos en todo momento. Así mesmo, a elasticidade e finura do seu tecido garante unha gran comodidade e permítevos movervos con total liberdade, sobre todo despois de mollarse ao entrar de cabeza nunha poza.
Zapatillas de trail: Se queredes correr como unha lebre, aínda que iso non vos garanta nada, deberedes contar cunhas boas zapatillas de trail running. O agarre que vos proporcionará é fundamental para correr polo monte e evitar esvarar nos tramos de pendente.
Mochila de camelo: A tendencia hoxe en día é a de utilizar mochilas minimalistas que se axustan ás costas coma se formasen parte das mesmas. Aínda que con capacidade reducida, permitiranvos gardar un ovo, un globo ou calquera obxecto necesario para superar unha proba. Ademais, levan incorporadas cantimploras galácticas con tubos multicores, onde poderedes almacenar auga, isotónico ou o que máis vos preste.
Lanterna de man: Unha peza clave. A día de hoxe véndense focos de ata tropecentos ledes que aluman moitísimo, tanto que parece que se fai de día. Así non hai frecha que se vos resista! A verdade é que a maioría da xente porta lanternas coas que ben poderían facer aterrar a un avión, cegan ata as curuxas.
Lanterna frontal: Son mineirooooo! Aínda que pareza que levedes unha central nuclear na cabeza, moitos a prefiren, déixavos as mans libres para desenvolvervos mellor nas probas.
Funda impermeable para o móbil: Hoxe en día xa non podemos separarnos do móbil nin para ir ao servizo (hai que falar fino), non sei como sobrevivían os nosos devanceiros. E como nos rastrexos adoita haber tan pouca auga... non queda máis remedio que protexelo.
Go Pro: Para ver a repetición! Agora está de moda instalarse unha cámara no peito para compartir a experiencia. Lamentablemente, o resultado adoita ser unha hora de imaxes escuras e mareantes polo monte. Aquí o exemplo.
GPS: Aos poucos empezan a verse estes dispositivos, útiles máis que nada para gravar o percorrido. Se sodes atletas clásicos, practicades ciclismo ou, simplemente, tedes uns aniños... elixiredes Polar. Se, pola contra levades pouco tempo facendo deporte, utilizaredes un equipo de Adidas sincronizado coa app do voso smartphone, ou quizais un Garmin, que segundo esa páxina especializada que ollastes, é o que nestes momentos parte o bacallau.