Campaña Volta ao Cole 2023 de ACOE
Como sabemos o que é a volta á rutina despois das vacacións de verán... facemos a campaña volta ao cole!! Outro ano máis vamos a facer unha gran Campaña da Volta ao Cole na repartiremos agasallos e preparamos as distintas actividades.
𝗫𝗼𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗶́𝗮 𝟬𝟳 – 𝗠𝗶𝗻𝗶𝗳𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗲 𝗶𝗻𝗰𝗵𝗮𝗯𝗹𝗲𝘀.
O primeiro xoves da campaña, teremos varias actividades en dúas zonas:
• Na Praza do Concello haberá un parque de xogos tradicionais cunha decena de propostas para todas as idades para poder disfrutar todos. Lembrade presentar o voso vale.*
• Na Praza do Mercado onde estarán tres inchables abertos ao público dende as 17 e as 20 horas. Lembrade presentar o voso vale*
*Permitirse só o acceso á zona de xogos presentado a entrada válida por media hora de diversión. Estes vales son acumulables, de maneira que será posible permanecer todo o tempo que os tíckets permitan. Os usuarios distinguiranse polas pulseiras que lle colocarán a organización.
𝗫𝗼𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗶́𝗮 𝟭𝟰 – 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗮𝗹𝗶𝗻̃𝗼 𝗲 𝗖𝗼𝗻𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗱𝗮𝘀 𝗺𝗮𝘀𝗰𝗼𝘁𝗮𝘀
O segundo e último xoves da campaña, teremos o festivaliño, que serán un montón de actividades na Praza do Concello como por exemplo espectáculos de maxia, música, contacontos e cine no horario de 17:00 a 20:30 horas.
𝗖𝗼𝗻𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗔𝘁𝗼𝗽𝗮 𝗮𝘀 𝗺𝗮𝘀𝗰𝗼𝘁𝗮𝘀 𝗱𝗮 𝗔𝗖𝗢𝗘
Como novidade este ano, presentamos o concurso "Atopa as mascotas da ACOE" que consiste en atopar as 4 mascotas distintas que se esconderán nos escaparates dos comercios asociados durante toda a campaña.
Quen consiga encontralas, terán que ir o xoves 14 ao posto da ACOE instalado na Praza do Concello e dicir onde viron cada mascota (abella, gato, rato e pato) e gañarán un dos 500 agasallos que teremos dispoñibles.








